• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello de Santiago presenta a maquinaria "máis eficiente, sostible e cero emisións" do servizo de limpeza e recollida de lixo da cidade

O Concello de Santiago presentou esta mañá na praza do Obradoiro unha parte da nova flota e a maquinaria do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da cidade.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e Ángel Fajilde, técnico de Urbaser, presentaron o novo equipo do servizo, á espera da chegada nas próximas semanas de nove vehículos de recollida de carga lateral e tres vehículos de carga traseira.

O primeiro vehículo autónomo de Santiago de Compostela entra na súa recta final

O primeiro vehículo autónomo de Santiago, desenvolto no marco do proxecto do Concello de Santiago SMARTIAGO, entra na súa fase final. Vodafone España, adxudicataria da iniciativa, está a desenvolver un Living Lab de loxística de última milla, que contará con dous vehículos eléctricos autónomos para o seu desenvolvemento.

A rede de puntos de recarga, elemento crave para que o vehículo eléctrico sexa unha realidade

Este aspecto é especialmente relevante no caso da distribución urbana de mercadorías, un segmento de actividade loxística que traballa con gran presión sobre os tempos de entrega e a custos axustados. Tal e como demostran diversos estudos analizados por Revoolt, start- up española especializada en solucións sustentables para a loxística da última milla, España atópase á cola do ránking europeo con 3,8 puntos de carga por cada 100.000 habitantes.