• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Concello apoia o emprendemento sostible co programa municipal “Faino en Santiago”

O programa “Faino en Santiago” desenvólvese da man da cooperativa de proxectos para o desenvolvemento sostible Falar a Mare, e estrutúrase en tres liñas de traballo fundamentais. Por unha banda, celebraránse xornadas presenciais no Edificio CERSIA Empresa, “que serán un espazo de encontro, formación e inspiración para as persoas que queiran emprender, e que poderán coñecer outras experiencias como punto de partida para os seus propios proxectos”. Estas sesións serán os días 9, 10 e 11 de xullo.

O Concello de Santiago impulsa o Plan de Acción para a Economía Social e reivindica un modelo produtivo máis igualitario e sostible

Este plan aposta pola economía social como motor do desenvolvemento económico inclusivo, xerador de emprego de calidade e ferramenta para transformar a realidade urbana. A cidade conta cun tecido consolidado de entidades —cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego, empresas de inserción— que teñen demostrado a súa capacidade para xerar traballo digno, tecer redes solidarias e contribuír ao benestar da comunidade, especialmente en contextos de crise.

A Axenda Urbana de Santiago organiza un novo Encontro Emprendedor arredor do proxecto El Camino ESS

En setembro presentarase a iniciativa 'El camino ESS', un proxecto de cooperación dentro e fóra de Galicia para repensar un turismo máis sostible e responsable cos territorios e as persoas. Raquel Calleja e Lucía Santiago, de REAS Galicia, compartirán coas persoas asistentes esta proposta de turismo alternativo que aspira a fortalecer o tecido cooperativo ao longo do territorio.

O Concello de Santiago presenta a maquinaria "máis eficiente, sostible e cero emisións" do servizo de limpeza e recollida de lixo da cidade

O Concello de Santiago presentou esta mañá na praza do Obradoiro unha parte da nova flota e a maquinaria do servizo de limpeza viaria e recollida de residuos da cidade.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, e Ángel Fajilde, técnico de Urbaser, presentaron o novo equipo do servizo, á espera da chegada nas próximas semanas de nove vehículos de recollida de carga lateral e tres vehículos de carga traseira.

A Casas das Asociacións será a sede dunha xornada sobre Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e calidade de vida

Esta Xornada contará coa presenza de Maribel Martínez de Murguía, Campioa Olímpica, para falar de Cidade e Valores; con Leire Iriarte, desarrolladora do ODS 18 (Políticas de Felicidade) e con Jorge Arévalo, experto en Urbanismo e Xestión Comunitaria e celebrarase o próximo 15 de novembro entre as 09:30 e as 14:00h na Casa das Asociacións de Cornes. O evento poderá seguirse en formato streaming ou presencial, ambas as dúas previa inscrición a través do correo electrónico relacionsvecinais@santiagodecompostela.gal.