• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Mozos e mozas do programa de emprego Appventurers desenvolverán apps de realidade aumentada en espazos emblemáticos de Santiago

O programa Appventurers combina a formación co traballo, de maneira que o alumnado recibe formación ao tempo que está contratado para realizar un traballo real. En concreto, os mozos e mozas participantes desenvolverán aplicacións móbiles de realidade aumentada sobre o Museo do Pobo Galego, a Praza de Abastos e a senda peonil do Sar. O obxectivo é utilizar estas solucións tecnolóxicas innovadoras para mellorar e enriquecer a experiencia das persoas que visitan eses tres puntos, ofrecendo unha capa de información adicional que axuda a comprender mellor eses lugares.

A concelleira María Rozas participou na Asemblea Xeral de REDEL celebrada en Euskadi

A Asociación Vasca de Axencias de Desenvolvemento GARAPEN, socia da rede estatal e anfitrioa neste caso do encontro, foi a encargada de organizar unha axenda completa ao redor da gobernanza, a economía social, o talento e as industrias culturais e creativas. Nesta ocasión contouse coa participación de Oarsoaldea, Fomento San Sebastián, Debegesa e Bidasoa Activa, coorganizadoras do encontro.

O cooperativismo, motor para o emprendemento feminino

No día de onte celebrouse a xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", iniciativa organizada por EspazoCoop xunto ao Concello de Santiago, no marco de convenio de colaboración que manteñen ambas as dúas entidades para impulsar un ecosistema emprendedor baixo modelos empresariais de economía social.