• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A mocidade compostelá desempregada formarase en Márketing Dixital e Cooperativismo da man da Fundación Paideia e a Concellaría de Promoción Económica

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude salientou que "este programa conxuga varias cuestións que son do máximo interese para o departamento: aposta pola mocidade, pola actividade emprendedora, e polo cooperativismo, un modelo produtivo clave para avanzar en termos de progreso económico e social". María Rozas agradeceu aos organizadores que traian este proxecto a Santiago na súa terceira edición, e mostrouse convencida de que das clases "sairán proxectos que acaben sendo cooperativas e empresas exitosas".

Milleiros de prazas de formación e case 300 ofertas de emprego: abren as inscricións para o Talentia 2023

Feira virtual

Nesta edición, o Talentia Summit mantén a feira virtual de emprego do 13 ao 17 de novembro, coa participación de preto de 80 empresas que ofrecerán uns 300 postos de traballo vacantes, pero tamén formación ou certificacións profesionais. As persoas interesadas poderán visitar os seus stands virtuais, programar entrevistas e interactuar cos seus departamentos de selección de persoal.

O Concello de Santiago e a Unión de Cooperativas EspazoCoop continúan o seu traballo en prol da economía social

O Concello de Santiago e a Unión de Cooperativas EspazoCoop veñen de presentar unha proposta de actividades para o que resta do ano 2022 que dá continuidade ao traballo de creación e impulso dun ecosistema emprendedor na economía social. Cun orzamento de 39.000€, esta iniciativa forma parte do programa municipal Compostela Móvese 2022 que pretende apoiar un modelo de desenvolvemento económico local endóxeno cooperativo acorde coa identidade e a historia do territorio.

O Concello oferta 4.000 novas prazas de formación, a maioría a través de mobile learning, nunha aposta pioneira pola aprendizaxe a través de dispositivos móbiles

As distintas accións formativas, centradas nas tendencias profesionais máis demandadas do mercado laboral, divídense en tres grandes bloques de especialización e aprendizaxe: "Idiomas, comunicarse nunha cidade cosmopolita", "Habilidades e actitudes. Medrar e liderar o cambio dixital e persoal" e "Competencias profesionais, é momento de reinventarse". Durante a comparecencia, o alcalde destacou "a aposta sen precedentes por potenciar o talento e a recalificación profesional online para combater as secuelas da COVID-19, despois do éxito da anterior convocatoria formativa".

As universidades deben tomar a iniciativa da capacitación no traballo

O informe, unha enquisa nacional estadounidense publicada por Northeastern University e Gallup, revela que o 76% dos enquisados cre que a IA afectará a forma en que as persoas traballan e viven na próxima década e, sorprendentemente, o 77% ten unha visión positiva sobre este cambio.

A conclusión é que, como as persoas consideran que deben ser capacitadas no traballo, e que as empresas deben pagar por ese adestramento, as institucións de educación superior deben colaborar máis coas empresas para ofrecer oportunidades de capacitación e educación no lugar de traballo.

O Concello de Santiago deseña un plan de formación multidisciplinar para os postos da Praza de Abastos

O 11 de novembro, en colaboración co programa Compostela Ilustrada, celebrarase a Xornada "A Praza, corazón de Santiago", na que se amosarán as posibilidades que ofrece a ilustración para a promoción dun negocio. Explicaranse as técnicas para debuxar figuras humanas e para engadir detalles de adorno, como dobres páxinas con produtos, e como seleccionar un titular para acompañar a escena. Con estas técnicas, mirarase o Mercado dende o prisma da ilustración e elixirase un plano para debuxar. As inscricións poden facerse en info@compostelailustrada.com.