• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Flexibilización dos contratos de subministración de gas natural.

Básicamente suprímense os custos asociados aos cambios nas condicións dos contratos de subministración de gas natural, por exemplo, minoracións no caudal contratado ou cambios na escada de peaxes.

Tamén, nun prazo de tres meses unha vez rematado o período de alarma, para novos cambios nas condicións, por exemplo, aumento da potencia contratada.

Para mais precisión consultar o detalle da disposición.

Modificación das axudas aos proxectos de reorganización produtiva para a fabricación de equipamento sanitario

Os artigos 4.4, 5.1, 6.2, 6.3 e 6.4, 7, 11.3, 16.5.e) e 18.4 da Resolución do 13 de abril de 2020 pola que se publica o acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de reorganización produtiva das empresas galegas para a fabricación de equipamento sanitario, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva, quedan redactados do seguinte xeito:

Axudas pola paralización temporal da actividade de marisqueo a pé

O importe máximo da axuda concedida ás persoas mariscadoras a pé será unha cantidade que se calculará multiplicando o baremo aplicable por cada día de parada realizado no período de referencia. Os días de parada poderán ser continuos ou interrompidos. O baremo da axuda por día de parada será o 90 % do nivel de ingresos medios da actividade extractiva dos mariscadores a pé por colectivo (marisqueo xeral, percebe e poliquetos) entre o 16 de marzo e o 30 de xuño, durante os 3 anos civís anteriores

Bases reguladoras da convocatoria do programa de subvencións dirixido a entes de xestión,asociacións,mancomunidades e consorcios turísticos para a mellora da calidade,competitividade e actividades turísticas da provincia

As axudas obxecto da presente convocatoria refírense ás actividades que en materia de calidade, competitividade, organización de eventos e iniciativas turísticas realicen os entes de xestión, asociacións, mancomunidades e consorcios turísticos entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de decembro de 2021.

Poderán participar as seguintes entidades, que cumpran os requisitos do seguinte apartado, no momento de presentaren a solicitude:

Extracto da orde do 31 decembro 2020 pola que se establecen bases reguladoras e convocatoria para 2021 das axudas destinadas ao impulso da boa gobernanza nas CMVMC

   DOG Nº 26 do 09/02/2021

 

Beneficiarias:

1. As beneficiarias serán as CMVMC.

2. As beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.