• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Extracto da resolución do 26 febreiro 2021 amplia prazo presentación solicitudes subvencións para a extensión redes telefonia móbil núcleos rurais e illados

DOG Nº 45 do 08/03/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto de ampliación do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index)

A presente resolución entrará en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Programa Aprol-Economía Social 2021

obxectivo desta orde é fomentar a incorporación de persoas desempregadas e persoas traballadoras a cooperativas e sociedades laborais a través de dous programas de axudas, un para o fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais e outro para o fomento do acceso á condición de persoa socia.

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa de axudas:

Cooperativas: destino do Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade

Autorizase, ao abeiro do artigo 68.2.f) da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, as cooperativas galegas que así o determinen en aplicación das liñas básicas fixadas polos estatutos ou pola asemblea xeral, para destinaren o Fondo de Formación e Promoción Cooperativa á promoción social da comunidade, exclusivamente durante o exercicio 2020, para atender necesidades derivadas da pandemia ocasionada polo COVID-19

Subvencións a gastos de funcionamento de entidades representativas da economía social

Trátase de subvencións destinadas a sufragar os gastos de organización interna e funcionamento de entidades representativas da economía social, a través dos seguintes programas de axudas:

  • Programa I. Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.
  • Programa II. Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e empresas de inserción laboral..

Actividades que poderán acollerse á moratoria no pago de cotizacións sociais


A moratoria no pago de cotizacións sociais prevista no artigo 34 da Real Decreto-lei 11/2020, do 31 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte ao COVID-19, resultará de aplicación ás empresas e aos traballadores por conta propia cuxa actividade económica, entre aquelas que non se atopen suspendidas con ocasión do estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, estea incluída nos seguintes códigos da Clasificación Nacional de Actividades Económicas (CNAE-2009):

Axudas á instalación de medidas de protección para traballadores e clientes

Apoiarase a adquisición de equipos de protección, a adaptación dos espazos, a realización de obras e a posta á disposición de información para os clientes, e as actuacións poden estar xa realizadas desde a declaración do estado de alarma. 

As axudas para os establecementos de menos de 10 traballadores e menos de 300 m2 cubrirán o 100% do investimento, ata 1200 euros. 

Os apoios para os locais de maiores dimensións acadarán o 80% do gasto realizado, cunha axuda máxima de 3000 euros.