• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

No foro as persoas asistentes poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

O segundo "Almorzo do Bo Facer" remata coas primeiras fichas de propostas para o ano 2018

Neste segundo almorzo centrarámonos no deseño e concreción de ideas ou esbozos de proxectos de carácter colaborativo que poidan funcionar como solucións ou alternativas ás cuestións xurdidas no primeiro. Como resultado deste segundo almorzo obtiveronse distintas fichas de propostas de accións para o ano 2018 que continuaran a ser traballadas no terceiro almorzo. 

Celebramos no CERSIA Empresa o primeiro "Almorzo do Bo Facer"

Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.