A Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela inicia o proceso de participación directa da cidadanía a través de formularios en liña

O alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado polos co-directores do proxecto, María Cadaval, profesora de Economía Aplicada da USC e Santiago Lago, catedrático de Economía Aplicada da UVigo, presentou esta mañá en rolda de prensa a nova fase na elaboración da Axenda Urbana 2030 de Santiago, que impulsará a participación cidadá a través dunha web renovada que recolle toda a información sobre o proxecto e os formularios para facer contribucións.

Madrid busca autores para encher de versos os seus pasos de peóns

Agora é cando o Concello de Madrid e o colectivo artístico Boa Mistura están a buscar aos poetas que encherán de versos a cidade para partir do próximo outono. A este plan de facer do chan un momento de lectura chamárono ‘Versos ao paso’. Di o Concello que a súa intención é «construír cidade, entre todos, escribindo e camiñando».

Encontro aberto co sector cultural de Compostela

Interveñen:
Joxean Muñoz Otaegi, viceconselleiro de Cultura do Goberno Vasco
Berta Álvarez, coordinadora do Centro de Emprendemento Cultural e Creativo de Galicia.

Joxean Muñoz presentará as propostas e accións emanadas da estratexia ICC Euskadi 2017-2020. O obxectivo do encontro é analizar posibles vías de aplicación destas achegas ao caso galego coa fin de contribuír ao desenvolvemento e internacionalización das ICC’s no noso país.

Como participar?

Os "Almorzos do bo facer" rematan este martes 5 de decembro coa recollida de ideas e iniciativas na Sala Númax

O Almorzos do bo facer viñéronse celebrando neste último trimestre do ano 2017. Esta iniciativa enmárcase no programa Compostela Móvese, que recolle as actividades da Oficina de Promoción Económica municipal, coa intención de impulsar un novo modelo económico para Santiago. Para iso búscanse as principais fortalezas sociais e económicas da cidade.

"O Forno dos Soños" presenta o seu proxecto colectivo no II Foro de Economía Social

A súa proposta é  encher este mes de decembro de 2017 a  nosa cidade de fornos físicos onde a xente poderá depositar os seus soños. Con todos estes soños farase un sorteo presencial e ademáis tamén organizaran un sorteo a maiores a través do facebook. Cóntanos o teu soño e faite forneira! 

A sala compostelá Numax amosará o seu proxecto cooperativo no II Foro de Economía Social Inspiradora

No foro as persoas asistentes poderán coñecer e compartir as experiencias de cooperativas como a compostelá Numax, Premio da Cultura Galega 2016 na categoría de Audiovisual; Feitoría Verde ou EntrePedras. Tamén terán presencia as empresas de inserción laboral a través de Anaco, os proxectos de colaboración entre cooperativas e as asociacións que as representan coa participación da Unión de Cooperativas Espazocoop e da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS).

O segundo "Almorzo do Bo Facer" remata coas primeiras fichas de propostas para o ano 2018

Neste segundo almorzo centrarámonos no deseño e concreción de ideas ou esbozos de proxectos de carácter colaborativo que poidan funcionar como solucións ou alternativas ás cuestións xurdidas no primeiro. Como resultado deste segundo almorzo obtiveronse distintas fichas de propostas de accións para o ano 2018 que continuaran a ser traballadas no terceiro almorzo. 

Celebramos no CERSIA Empresa o primeiro "Almorzo do Bo Facer"

Neste primeiro almorzo creamos un espazo distendido, activo e de cohesión onde as cooperativas e resto de entidades presentes puideron expresar libremente as súas opinións de cara á creación dun listado de propostas e ideas colaborativas e cooperativas que mostrar ao Concello e que poidan favorecer e fortalecer o sector da economía social compostelá.