O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá na apertura do acto oficial co motivo do Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebrou esta maña en Santiago e que foi presidido pola Súa Maxestade a Raíña Letizia.
O obxectivo do PMUS é "recoller os datos e escoitar a veciñanza para planificar a mobilidade do futuro" recalcou o alcalde, Sánchez Bugallo, que destacou que a partir do PMUS se definirán o próximo ano a ordenanza de circulación, a que regulará o reparto de mercadorías no casco histórico e a que definirá as zonas de baixas emisión. O alcalde que se felicitou polo éxito da convocatoria ante un auditorio do CSC Santa Marta sen ningún asento libre.
O vindeiro 21 de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor "Pensando e planificando Compostela mediante a participación cidadá", que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. O obxectivo é analizar algunhas das cuestións identificadas no proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 sobre a definición actual do modelo de cidade, como a distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.
"Un equipo renovado que nos permitirá vivir nun Santiago Sostible, limpo e respectuoso co medio ambiente", asegura Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente
A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a apertura do procedemento de licitación dos servizos asociados ao programa "Colabora e innova no teu barrio" no marco da operación "Faino Ti", que conta cun investimento de 210.892,18 euros, dividido en tres lotes. Tamén se deu luz verde á licitación da reurbanización da rúa de García Lorca, cun orzamento base de licitación superior ao millón de euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.
Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, unha nova xuntanza da Axenda Urbana 2030, co obxecto de revisar as actuacións previstas, actualizar a orde de prioridades e realizar o control da execución das accións deseñadas a través dunha serie de indicadores creados a tal efecto.
A Xunta de Gobierno Local ten previsto sacar a licitación, este luns, 13 de marzo, o expediente denominado "Obras de Reurbanización da rúa García Lorca", que conta cun orzamento base de licitación de 1.052.134,35 euros. Esta actuación, froito do compromiso do Goberno Municipal coa veciñanza do barrio de Vite e da zona de Guadalupe, ten como principais obxectivos a mellora das condicións de accesibilidade; e a substitución, renovación e/ou mellora das instalacións urbanas, como son as redes de abastecemento de auga, saneamento, distribución de enerxía eléctrica, rede de telecomunicacións e rede de abastecemento de gas.
A Fundación Kaleidos.red e o Concello de Valencia, como membro da organización intermunicipal a través da concellaría de Participación Cidadá e Acción Veciñal, presentaron onte en rolda de prensa o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo a lema "Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender", celebrarase os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Complexo Deportivo e Cultural da Petxina, na cidade de Valencia. Como integrante de Kaleidos.red, o Concello de Santiago moderará a mesa "Conectar para implicar", na que se presentarán varios proxectos relacionados con esta temática.
Este evento, promovido pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá ao longo do día de hoxe e maña, xestores do programa europeo Erasmus para Mozos Emprendedores procedentes de 38 países. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a ocasión para manter un encontro cos representantes da EISMEA, axencia xestora do programa en Bruxelas, e tamén asistiu á sesión inaugural esta mañá para darlle a benvida aos participantes.