• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Despois do primeiro encontro, centrado na mobilidade de peóns, bicibletas e VMP na cidade, hoxe, 12 de abril, terá lugar o segundo, que versará sobre o transporte público. A cita, telemática, será a partir das 10.00 h. Ao longo dos meses de marzo e abril, celebraranse outros dous encontros temáticos no marco do proceso participativo de revisión e actualización do PMUS.

Etiquetas:
novas , segundo encontro participativo , PMUS , FEDER , plan estratéxico

A Xunta de Goberno aprobou hoxe o proxecto construtivo da obra de acondicionamento do trazado de ferrocarril en desuso Santiago de Compostela Cerceda para uso como Vía Verde de Compostela-Tambre-Lengüelle / Tramo 2 (t.m. de Santiago de Compostela), cunha lonxitude total a acondicionar de 8.015 metros e un investimento previsto, segundo o proxecto, de 1.023.407,8 euros.

Etiquetas:
novas , segundo tramo da vía verde , aprobación , acondicionamento

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe o proxecto de Regulamento do Consello Municipal da Cidade Histórica. Dito Consello é un órgano colexiado de participación para a consulta, asesoramento, proposta e seguimento das accións encamiñadas á conservación patrimonial, promoción e representación dos intereses colectivos das persoas que residen na zona vella.

Etiquetas:
novas , proxecto , regulamento , cidade histórica , Consello Municipal , (1057)

O Goberno municipal aprobou hoxe, inicialmente, o estudo de viabilidade económica-financeira e o anteproxecto como actuacións preparatorias do expediente de concesión de servizo (e máis a obra) de explotación do complexo deportivo no barrio de Santa Marta. Agora, tal e como explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, ambos proxectos vanse someter a información pública polo prazo dun mes, antes de saír a licitación. Segundo sinalou, o complexo tería capacidade para 5.000 persoas.

Etiquetas:
novas , Santa Marta , complexo deportivo , plano , anteproxecto , viabilidade

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe o expediente de contratación do "Servizo para a execución de diversas operacións de desbroza, limpeza e mantemento de marxes e drenaxes de viarios, carreiros fluviais e parcelas municipais do termo municipal de Santiago de Compostela (2023-2025)" que sae a licitación por 790.000 euros repartidos nas seguintes anualidades: 200.800 en 2023, 395.000 en 2024 e 194.200 euros en 2025. O actual contrato, finaliza a finais de xullo deste ano.

Etiquetas:
novas , limpeza , viarios , Licitación , parcelas

O Goberno Municipal aprobou hoxe o expediente de licitación do contrato mixto de servizos e subministración do "Sistema de xestión integral da base de datos Oracle do Concello de Santiago de Compostela", que sae a licitación por 154.215,37 euros, IVE engadido. Este sistema integrará todas as bases de datos, actualmente dispersas, co obxecto de ter un maior control da información, así como incrementar significativamente a seguridade da mesma

Etiquetas:
novas , Licitación , suministro , xestión , base de datos , Oracle

O alcalde e o concelleiro de Obras percorreron parte do itinerario que transcorre desde San Marcos ata Sar, pasando por Amio, San Lázaro e Aríns. A senda alcanza preto de 12 quilómetros, uníndose ao tramo previamente existente de Sar, Pontepedriña e Conxo. Todo o itinerario e elementos a destacar da ruta están recollidos na web parquefluvialdesantiago.org

Etiquetas:
novas , parque fluvial de Santiago , O Berce de Sar , ruta , sendeirismo , ciclistas

A iniciativa posta en marcha polo Concello de Santiago para fomentar a reciclaxe de envases e promover unha economía verde e circular, xa conta na cidade de Santiago con 5.250 usuarios. A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, quixo agradecer tanto á cidadanía como ás asociación participantes na campaña "o seu compromiso co medio ambiente e a súa solidaridade".

Etiquetas:
novas , sistema , RECICLOS , RECICLAXE , envases

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, rodeado de Aurelio Aguirre, Luis Rodríguez Seoane e Fandiño, interpretados polos Quinquilláns, e de Cecilia Carballido, coordinadora do evento, presentou esta mañá o amplo de programa de actividades da cuarta edición da Festa do Banquete de Conxo, en cuxa organización está a traballar diferentes departamentos do Concello de Santiago en colaboración coa veciñanza. O día grande das festas será o domingo 14 de maio, cunha romaría popular aberta a todo o mundo na que se farán diversas recreacións teatrais do Banquete de Conxo e que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Nos próximos días darase a coñecer o programa definitivo e como participar nas diferentes propostas.

 

Etiquetas:
novas , Festa do Banquete de Conxo , maio

O novo contrato que renovará toda a flota de autobuses continúa agora coa tramitación da licitación.

Etiquetas:
novas , Licitación , PMUS , renovación , buses