• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un centenar de representantes públicos de diferentes concellos de España congregáronse na segunda xornada do IV COEP Congress en Valencia, co obxectivo de compartir estratexias e ferramentas innovadoras para lograr a implicación da cidadanía no deseño e creación das políticas públicas. A concelleira de Centro Socioculturais, Mercedes Rosón, representou a Santiago na primeira xornada do evento.

Etiquetas:
novas , IV Congreso Kaleidos , participación , Axenda 2030 , Valencia , cidadanía , creación , políticas , públicas

A Xunta de Goberno Local aprobou este luns, día 27 de marzo, a contratación da creación dun novo portal web, dunha APP municipal e da Intranet municipal todos eles vinculados a un novo sistema de información baseado na tecnoloxía emerxente Web 4.0. Este servizo sae a licitación por 299.916,88 euros.

Etiquetas:
novas , Licitación , proxecto , creación , portal web , APP , intranet municipal

O rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, deu conta en rolda de prensa do inicio dos encontros participativos do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que arrancaron onte no centro sociocultural de Santa Marta, con "éxito de participación".

Etiquetas:
novas , PMUS , mobilidade , plataforma loxística , SMARTIAGO , CSC Santa Marta

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou esta mañá na apertura do acto oficial co motivo do Día Mundial das Enfermedades Raras que se celebrou esta maña en Santiago e que foi presidido pola Súa Maxestade a Raíña Letizia.

Etiquetas:
novas , Raiña , Alcalde , FEDER , Santiago de Compostela , Palacio de Congresos , Presidente da Xunta de Galicia , ministra de Sanidade

O obxectivo do PMUS é "recoller os datos e escoitar a veciñanza para planificar a mobilidade do futuro" recalcou o alcalde, Sánchez Bugallo, que destacou que a partir do PMUS se definirán o próximo ano a ordenanza de circulación, a que regulará o reparto de mercadorías no casco histórico e a que definirá as zonas de baixas emisión. O alcalde que se felicitou polo éxito da convocatoria ante un auditorio do CSC Santa Marta sen ningún asento libre.

Etiquetas:
novas , CSC Santa Marta , Alcalde , escoita cidadá , PMUS , I Foro de Mobilidade

O vindeiro 21 de marzo terá lugar o segundo encontro emprendedor "Pensando e planificando Compostela mediante a participación cidadá", que centrará o debate sobre o modelo de cidade do futuro. O obxectivo é analizar algunhas das cuestións identificadas no proceso de elaboración da Axenda Urbana 2030 sobre a definición actual do modelo de cidade, como a distribución da poboación no territorio, os equipamentos e servizos disponibles, e os espazos de oportunidade para a transformación urbana na cidade.

Etiquetas:
novas , Encontro Emprendedores , cidade , futuro , AXENDA URBANA 2030 , Mercado Galego da Creatividade

 "Un equipo renovado que nos permitirá vivir nun Santiago Sostible, limpo e respectuoso co medio ambiente", asegura Mila Castro, concelleira de Medio Ambiente

Etiquetas:
novas , maquinaria , eficiente , sostible , cero emisións , servizo de limpeza , barredoras elécticas , Concello de Santiago , Urbaser , vehículo , eléctrico

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a apertura do procedemento de licitación dos servizos asociados ao programa "Colabora e innova no teu barrio" no marco da operación "Faino Ti", que conta cun investimento de 210.892,18 euros, dividido en tres lotes. Tamén se deu luz verde á licitación da reurbanización da rúa de García Lorca, cun orzamento base de licitación superior ao millón de euros. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde Xosé Sánchez Bugallo.

Etiquetas:
novas , innovación , EDUSI , Revive , Licitación , barrio , cultura marker , fablab

Continúa o ciclo de Encontros Emprendedores abordando o modelo de cidade

Etiquetas:
novas , Encontro Emprendedores , Mercado Galego da Creatividade , AXENDA URBANA 2030 , inscricións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presidiu esta tarde, na sede do Consello Económico e Social de Galicia, unha nova xuntanza da Axenda Urbana 2030, co obxecto de revisar as actuacións previstas, actualizar a orde de prioridades e realizar o control da execución das accións deseñadas a través dunha serie de indicadores creados a tal efecto.

Etiquetas:
novas , Axenda Urbana de Santiago de Compostela , Consello Económico e Social , Alcalde , GIS , impulso , seguimento , Ministerio de Transporte , Mobilidade e Axenda Urbana