• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

 A Xunta de Gobierno Local ten previsto sacar a licitación, este luns, 13 de marzo, o expediente denominado "Obras de Reurbanización da rúa García Lorca", que conta cun orzamento base de licitación de 1.052.134,35 euros. Esta actuación, froito do compromiso do Goberno Municipal coa veciñanza do barrio de Vite e da zona de Guadalupe, ten como principais obxectivos a mellora das condicións de accesibilidade; e a substitución, renovación e/ou mellora das instalacións urbanas, como son as redes de abastecemento de auga, saneamento, distribución de enerxía eléctrica, rede de telecomunicacións e rede de abastecemento de gas.

Etiquetas:
novas , Licitación , Concello de Santiago , reurbanización , asociacións veciñais

A Fundación Kaleidos.red e o Concello de Valencia, como membro da organización intermunicipal a través da concellaría de Participación Cidadá e Acción Veciñal, presentaron onte en rolda de prensa o IV Congreso Europeo de Proximidade, Participación e Cidadanía (COEP congress) que, baixo a lema "Gobernanza local e Axenda 2030: Comunicar para entender", celebrarase os próximos días 27, 28 e 29 de marzo no Complexo Deportivo e Cultural da Petxina, na cidade de Valencia. Como integrante de Kaleidos.red, o Concello de Santiago moderará a mesa "Conectar para implicar", na que se presentarán varios proxectos relacionados con esta temática.

Etiquetas:
novas , IV Congreso Kaleidos , Valencia , proximidade , participación , cidadanía , Concello de Santiago

Este evento, promovido pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá ao longo do día de hoxe e maña, xestores do programa europeo Erasmus para Mozos Emprendedores procedentes de 38 países. O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, aproveitou a ocasión para manter un encontro cos representantes da EISMEA, axencia xestora do programa en Bruxelas, e tamén asistiu á sesión inaugural esta mañá para darlle a benvida aos participantes.

Etiquetas:
novas , EISMEA , Cámara de Comercio , Concello de Santiago , UNINOVA , erasmus , 30º encontro , interxeracional , emprendedores

Plan de Mobilidade Urbana Sostible de Santiago de Compostela (PMUS)

Etiquetas:
novas , mobilidade , I Foro de Mobilidade , Centro Sociocultural de Santa Marta , PMUS , Revive , EDUSI

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a adxudicación das obras de acondicionamento do aparcamento de servizo do Parque Eugenio Granell e a rehabilitación de firmes de vías urbanas por un importe conxunto de 492.659,36 euros. Acordou, ademais, a licitación da reurbanización da rúa do Pombal e da Praza de León, que contan cun investimento conxunto de 964.970,61 euros. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

Etiquetas:
novas , Licitación , obras , licencias , PXOM

O programa de actividades con motivo do 8 de marzo arrancou hoxe cun acto organizado polo Concello de Santiago, no que se recoñeceu a contribución de varias mulleres e colectivos que forman parte da historia viva da cidade, a prol da igualdade en diferentes ámbitos. Baixo o lema "Mulleres de Compostela", a Sala Mozart do Auditorio de Galicia, acolleu esta tarde a gala de entrega dos galardóns, que foi conducido pola xornalista Paula Pájaro, e que contou coa presenza do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, a concelleira de Igualdade, Mercedes Rosón. Tamén asistiron as concelleiras Goretti Sanmartín (BNG), María Rozas (CA) e María Castelao (PP).

Etiquetas:
novas , mulleres e colectivos emprendedores , igualdade , "Concello de Santiago de Compostela " , homenaxe

O Concello de Santiago de Compostela acaba de comezar co despregamento dun Centro de Operacións de Seguridade (SOC), que se integrará na Rede Nacional de SOCs, impulsada polo Centro Criptolóxico Nacional, co obxectivo de mellorar a seguridade, capacidade de defensa, detección e resposta a ciberincidentes entre as distintas administracións

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , administración

O Mercado Galego da Creatividade acolleu onte a primeira sesión dos Encontros Emprendedores da Axenda Urbana 2030 de Santiago de Compostela. Esta cita contou cunha boa acollida por parte das persoas asistentes, que tamén se animaron a participar de xeito activo na aportación de propostas e ideas para mellorar a cidade do futuro.

Etiquetas:
novas , Encontro Emprendedores , territorio , paisaxe e biodiversidade , 7H Cooperativa Cultural , AXENDA2030

Con esta intervención, realizada polo Consorcio de Santiago, continúase coa rehabilitación exterior do edificio monumental logo de que o pasado ano se completase a renovación das cubertas e pluviais.

Etiquetas:
novas , obras , fachada , conservación , eficiencia enerxética , Pazo de Raxoi , rehabilitación

A Xunta de Goberno local, en sesión extraordinaria, deu luz verde a un total de 70 subvencións nominativas por un total de 1.565.908 euros dos que se beneficiarán entidades sociais, deportivas, culturais, comerciais ou educativas da cidade, entre outras. Tamén se aprobaron os suplementos de crédito para completar a achega municipal deste exercicio para as obras da Plataforma loxísitica, do complexo deportivo de Santa Isabel e do pavillón polideportivo de Vite.

Etiquetas:
novas , plan de recuperación , NEXT GENERATION , subvencións , nominativas , xunta de goberno