• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Na apertura do 18 Congreso Nacional de Centros Especiais de Emprego, Xosé Sánchez Bugallo destacou a aposta que se está a facer desde Raxoi no impulso dos centros especiais de emprego, cun concurso que será resolto de forma inminente para adxudicar a unha destas empresas a limpeza e desbroces da cidade. Todo, no ano en que Compostela ostenta a capitalidade española da economía social.

Etiquetas:
novas , economia_social , emprego , CEE , Encontro nacional , Redel

A Xunta de Goberno Local, reunida hoxe, deu luz verde á solicitude de participación no "Programa de axuda ás actuacións de rehabilitación no ámbito do Casco Histórico" do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, cunha cantidade a subvencionar de 3.373.526,58 euros, a través dos fondos NextGenerationEU. Dos acordos adoptados deu conta, en rolda de prensa, o alcalde Sánchez Bugallo.

Etiquetas:
novas , Axudas , Ministerio de Transportes , Axenda Urbana , rehabilitación , Santiago de Compostela

O acontecemento desenvolverase os días 19 e 20 de outubro na Sede Fundación Laboral de la Construcción en Galicia. As persoas interesadas en participar na actividade xa poden inscribirse a través da web santiagocapitaleconomiasocial.es

Etiquetas:
novas , Redel , Encontro nacional , Economía Social

Esta candidatura, promovida pola Cámara de Comercio de Santiago co apoio de Uninova e do Concello de Santiago, reunirá en Compostela xestores do programa europeo Erasmus Emprendedores procedentes de 38 países en marzo do vindeiro ano.

Etiquetas:
novas , UNINOVA , emprendedores , erasmus , encontro internacional de xestores

A Xunta de Goberno Local, reunida en sesión extraordinaria e urxente, aprobou hoxe as bases de tres convocatorias destinadas a empresas, nas que se investirán, en conxunto, 460.000 euros. En concreto, deuse luz verde ás axudas destinadas a apoiar ás empresas de economía social (250.000 euros); as subencións para actuacións en materia de economía circular (150.000 euros); e á primeira edición dos "Premios de excelencia empresarial Axenda Urbana 2030" do Concello de Santiago.

Etiquetas:
novas , xunta de goberno , esocial_convocatorias , ecircular_convocatorias , premios , excelencia empresarial , subvencións

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, presentou esta mañá en rolda de prensa o anteproxecto de humanización da rúa do Restollal, co que se pretende converter esta estrada de acceso á cidade nun espazo amable para vehículos e peóns, facilitando tamén a conectividade entre os barrios. Acompañouno Antonio Ranedo, xefe do Servizo de Obras, que explicou o anteproxecto polo miúdo.

Etiquetas:
novas , AXENDA URBANA 2030 , plan de recuperación , transformación e resiliencia , (199) , transporte urbano

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo e o reitor da USC, Antonio López Díaz, inauguraron esta mañá a IV Feira de Emprendedoras, que nesta edición pon o foco nas entidades do sector artístico e cultural da cidade e a súa contorna. Esta inciativa, desenvolvida polo Concello de Santiago en colaboración coa Universidade de Santiago (USC) e Woman Emprende, constitúe un punto de encontro e intercambio entre mulleres referentes e outras emerxentes no mundo do emprendemento.

Etiquetas:
novas , IV Feira de emprendedoras , USC , teatro , principal

Un total de 803 familias, que suman máis de 2.500 veciños e veciñas dos barrios de Vite e Fontiñas, uníronse ao voluntariado marrón na segunda semana de Ti tes a Chave, campaña coa que o Concello de Santiago de Compostela inicia a posta en marcha do Plan de Xestión de Materia Orgánica e promove a compostaxe.

Etiquetas:
novas , familias , plan de xestión de materia orgánica , voluntariado marrón , benvinda

Onte pola noite inaugurouse o terceiro piloto CromaLux, no edificio que albergaba o antigo Concello de Santiago, na Praza de Cervantes. Antes, presentáronse os resultados acadados por este proxecto de iluminación intelixente, que ten como obxectivo diminuir a contaminación lumínica e reducir os gastos de conservación do patrimonio aplicando unha técnica que permite retardar a proliferación de microorganismos sobre as fachadas, o que evita o seu deterioro.

Etiquetas:
novas , SMARTIAGO , reducción , colonización , biolóxica , áreas , ilumiinadas

O programa Akademia persigue fomentar a visión innovadora e emprendedora nos estudantes universitarios. A edición Akademia-USC 2022-2023 será en formato en liña, e gratuíto para os alumnado da Universidade compostelá.

Etiquetas:
novas , UNINOVA , programa_programa , AKADEMIA , FUNDACIÓN INNOVACIÓN BANKINTER , emprendemento , USC