• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Unha das empresas en incubación virtual con UNINOVA, INDROPS MEDIO AMBIENTE, S.L.  desenvolveu un proxecto no cadro da convocatoria CONSOLIDA BIO

Etiquetas:
novas , "Concello de Santiago de Compostela " , UNINOVA , empresa , incubadora , Indrops , convocatoria , consolida bio

Xornada práctica de robótica colaborativa

Vive en directo a colaboración entre robots e persoas  

Etiquetas:
novas , Cámara de Comercio , coworking , robótica colaborativa

A Gobernanza é un eixo transversal ao longo da Axenda Urbana 2030, que ten por obxectivo promover a participación social e cidadá sobre as cuestións de interese para a veciñanza.

Etiquetas:
novas , Axenda Urbana , Encontro Emprendedores , Creativas Galegas , Coop57 Galiza , cia

A Concellería de Dereitos e Servizos Sociais pon en marcha unha nova convocatoria das subvencións destinadas a apoiar as empresas de economía social, cunhas bases nas que se introduciron modificacións co obxectivo de incentivar o emprego feminino e de persoas con discapacidade ou en situación de exclusión. Explicouno hoxe a concelleira María Rozas, despois da aprobación da convocatoria na Xunta de Goberno celebrada esta mañá. Ás axudas destinarase un importe total de 160.000 euros.

Etiquetas:
novas , subvencións , Economía Social , MULLERES , colectivos en risco de exclusión , persoas con discapacidades , "Concello de Santiago de Compostela " , Maria Rozas , Carme Casado

A concelleira de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude, María Rozas, participou onte xoves en Donostia-San Sebastián na Asemblea Xeral da Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, da que forma parte o Concello de Santiago. A Asemblea aprobou a incorporación dunha nova entidade á rede, a Deputación da Coruña, contando xa con 33 entidades asociadas. Así mesmo, aprobouse o plan de xestión e o orzamento para o novo exercicio 2024.

Etiquetas:
novas , Concelleira , Maria Rozas , promoción económica , Redel , asamblea xeral , Euskadi , Garapen

Estratexias dixitais para acadar resultados en social media

Etiquetas:
novas , Cámara de Comercio , estratexia , dixital , comunicación , proxecto , empresa

O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, participou no Simposio "Urban Solutions" en que se analizaron algúns dos desafíos das cidades no século XXI e na súa intervención afirmou que "o Concello de Santiago está comprometido coa sustentabilidade urbana e quere que a capital galega sexa un referente internacional nesta materia".

Etiquetas:
novas , urban solutions , sustentabilidade , urbana , simposio

Ata o 20 de outubro permanecerá aberto o prazo de presentación de solicitudes para optar ás axudas de apoio a actividades culturais para o sector profesional, convocadas polo Concello de Santiago a través da Concellaría de Capital Cultural. Esta convocatoria de subvencións, ás que se destinan 250.000 euros, ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas durante o ano 2023.

Etiquetas:
novas , axudas , actividades , culturais , sector , profesional , "Concello de Santiago de Compostela " , Concellaría de Capital Cultural

O xoves, 5 de outubro , en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en  FORMATO ONLINE a xornada GRATUÍTA:
 

"A robótica colaborativa na industria moderna"
 

O obxectivo deste obradoiro e descubrir as aplicacións dos robots colaborativos nos diferentes sectores como a fabricación, loxística, atención médica e agricultura. Como éstes aumentan a velocidade e precisión das operacións. A robótica colaborativa e os seus accesorios están redefinindo a forma en que as máquinas e os humanos colaboran en entornos de traballo compartidos. 

https://coworking.camaracompostela.com/gl/evento/a-robotica-colaborativa-na-industria-moderna/

Etiquetas:
novas , Cámara comercio Santiago , talleres formativos , robótica colaborativa , on line , gratuita

A Xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", que achega o traballo de cooperativas de EspazoCoop formadas por mulleres, foi inaugurada onte pola concelleira de Promoción Económica, María Rozas, e a presidenta de EspazoCoop, Ana Olveira.

Etiquetas:
novas , cooperativismo , emprendemento , femenino , Concelleira , Maria Rozas , Ana Olveira , Espazocoop , economia_social