• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Plan de promoción e dinamización comercial

As accións de promoción e difusión da oferta comercial considéranse esenciais para a dinamización do sector, para o incremento da súa competitividade, e para dar resposta ás necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.

Neste contexto, o Plan Estratéxico do Comercio Compostelán LINK contempla dúas accións diferenciadas de promoción e dinamización comercial:

  • O Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping, que a Concellaría de Promoción Económica e Comercio ven desenvolvendo dende hai seis anos.
  • Promocións comerciais de venda polo miúdo, coa edición de catálogos promocionais, como o do programa Regalar custa pouco.
Caracteristicas

A liña de promoción e dinamizacion comercial do Plan Estratéxico do Comercio Compostelán LINK conta cun orzamento de 112.000 euros cofinanciados pola Deputación de A Coruña e o Concello de Santiago.

Dirixido

O Plan de promoción e dinamización comercial está dirixido a todos os estabelecementos comerciais do Concello de Santiago de Compostela.

Periodo de actuación
Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017