• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS A PROXECTOS DE EMPRESAS GALEGAS DE EXHIBICION CINEMATOGRAFICA

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a proxectos desenvolvidos por empresas galegas de exhibición cinematográfica de carácter comercial que favorezan a recuperación económica do sector ao abeiro do programa Hub da industria creativa galega, financiadas ao 100 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do eixo React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia da COVID-19, e se procede á convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento CT207M).

OBXECTO

Determinar as condicións polas cales se regulará a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, da Axencia Galega das Industrias Culturais, para proxectos de empresas de exhibición cinematográfica comercial que contribúan a garantir e fortalecer a súa viabilidade, favorecer a captación de público, promover a difusión do cinema comunitario e doutras cinematografías con baixa cota de pantalla en España, e impulsar a actividade empresarial, para o ano 2023 (código de procedemento CT207M).

Para os efectos das presentes bases, enténdese como proxecto o conxunto das accións e actividades de exhibición cinematográfica relacionadas cunha ou varias das propostas que se relacionan a continuación:

-Iniciativas orientadas á atracción de público (estudos de impacto, campañas individuais ou colectivas de comunicación e márketing, deseño e realización dos materiais promocionais, compra de espazos publicitarios, outras accións dirixidas ao fin proposto).

-Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira, de cinema europeo ou de terceiros países con baixa representación na cota de pantalla anual por número de sesións.

-Programacións especiais ou regulares, dun mínimo dunha semana consecutiva en carteleira de cinema galego (autoría e/ou produción galega) en versión orixinal galega.

-Realización de campañas orientadas á promoción da cinematografía galega como poden ser eventos de presentación de películas, organización de coloquios relacionados cos títulos exhibidos, presenza de autores e membros do equipo nas proxeccións ou outros que fomenten a interacción entre as películas e o seu público.

-Promocións de entradas a prezo especial dirixidas a público infantil ou xuvenil e ao colectivo de persoas maiores.

Documentación requerida

DOCUMENTACION

Ademais da solicitude (anexo II), as persoas interesadas nesta subvención presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación administrativa:

-Certificado do acordo social de solicitude da axuda, se o solicitante é persoa xurídica.

-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no rexistro que corresponda e as súas modificacións, se o solicitante é persoa xurídica.

-Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

- Copia da escritura de propiedade, contrato de alugueiro ou outros documentos válidos en dereito que amose a dispoñibilidade da sala por parte da persoa solicitante.

 

Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación técnica:

-Ficha resumo do proxecto e da empresa (anexo III). Coas actividades que se pretenden desenvolver de conformidade co artigo 1.2.

-Memoria económico-financeira (anexo IV) que inclúa un orzamento completo e detallado de investimento subvencionable que se prevé realizar no cal figuren os gastos subvencionables sinalados no artigo 5.1, así como unha previsión de ingresos dos proxectos.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, titulares ou arrendatarios de salas de exhibición cinematográfica independentes, situados na Comunidade Autónoma e habilitados legalmente para a exhibición comercial de películas cinematográficas.

Requisitos

REQUISITOS

-Só se poderá presentar un único proxecto por local. As empresas titulares de máis dun local poderán presentar ata catro proxectos.

-As salas deberán estar en funcionamento un mínimo de tres meses durante o período subvencionable.

-Así mesmo, as persoas beneficiarias deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme) segundo a definición contida no Regulamento (UE) núm. 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, sobre a definición de microempresas, pequenas e mediana empresas (DOUE-L-2014-81403), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

A presente convocatoria non será aplicable ás empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión previa da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior.

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, as persoas solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.