• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Seminario interncional. Proxecto WEED.

O segundo seminario internacional do proxecto WEED (Muller, Empreso e Emprego no Desenvolvemento Local)  celebrarase no Gran Hotel Santiago entre o 5 e o 7 de maio. No  encontro, desenvolvido baixo o título “Promovendo empresas de economía social e un mellor emprego para as mulleres”, participarán 40 expertos, procedentes das nove ciudades europeas socias do proxecto WEED: Celje, situada en Eslovenia, que é o socio principal;  Alzira, en Valencia; Enna e Crotone, en Italia; Umea, en Suecia; Karvina, na República Checa; Amiens, en Francia; Skaarbeck, localizada en Bélxica, e Santiago de Compostela.

O obxectivo do encontro é analizar a situación actual das mulleres no emprego, na empresa e no desenvolvemento local, co obxectivo de establecer técnicas efectivas de formación, inserción e apoio á colocación, mellorando así as integración laboral do colectivo feminino.  

Con esta finalidade deseñouse un programa no que, as ciudades de Umea, Santiago de Compostela e Amiens, explicarán a súa experiencia. Ademais, están programadas ponencias sobre a as Perspectivas europeas na promoción de empresas de economía social e dun mellor emprego para as mulleres, (que abrirá o encontro), Como a empresa de economía social pode estimular experiencias de emprego de calidade para as mulleres empregadas por conta propia ou allea, Porque axustar a diferencia salarial pode mellorar a posición económica das mulleres e encauzar os problemas da economía social e da recesión económica, e sobre a utilización de Fondos europeos para promover un mellor emprego para as mulleres. Estas experiencias e ponencias completaranse con reunión de traballo na que se analizarán os Plans de Acción Local postos en marchas nas ciudades integrantes do proxecto WEED.    

 Proxecto WEED. Plans de Acción Local. 

O principal obxectivo do WEED, enmarcado no proxecto URBACT II, é sacar conclusións das boas prácticas e da experiencia e axudar aos implicados na política cidadá, usuarios e responsables de programas a implementar accións e ideas que, de xeito activo, traten de mellorar o rendemento político, técnico e de xestión dos municipios en cuestións como a situación das mulleres no mercado de traballo, as mulleres na economía da investigación e o coñecemento, e as mulleres e a actividade emprendedora.   

Para a consecución destes obxectivos, o proxecto necesita da colaboración dun Grupo de Apoio Local en cada unha das cidades participantes. O Grupo de Apoio Local constituido en Santiago hai ano e medio integra a todos os axentes da cidade relacionados cos ámbitos do desenvolvemento local: administracións, empresas, sindicatos, universidade, ONGs, asociacións, etc. A misión do Grupo de Apoio Local é a de colaborar coa Concellaría de Promoción Económica e Emprego para deseñar as liñas de actuación específicas a desenvolver na cidade, dependendo das características locais.  Estas liñas de actuación intégranse no Plan de Acción Local. Para a formulación destas liñas de actuación, o Grupo de Apoio Local dividiuse en tres subgrupos. O primeiro é o de Traballo e empregabilidade, no que están presentes empresarios e sindicatos a través da  Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre (AEPIT), UXT, CIG e Comisións Obreiras. O segundo é o de Innovación e economía do coñecemento, no que está presente a AEPIT, e persoas expertas en muller e igualdade. No terceiro, Emprendemento e empoderamento económico,  está presente a USC e a AEPIT.  

No marco deste Plan de Acción Local terá lugar a conferencia, aberta ao público, “Mulleres na ruta do coñecemento e a innovación, impartida por Ángeles Salle, o xoves, ás seis da tarde. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía pola Universidade Complutense de Madrid, Ángeles Salle posúe unha dilatada experiencia traballando para diversas institucións públicas e privadas; e en iniciativas relacionadas co emprego, o desenvolvemento socioeconómico e a igualdade.   

O proxecto WEED ten duración de 30 meses, dende marzo do 2008 ata setembro do 2010. Para a fase de reflexión e articulación das liñas estratéxicas e do proxecto teórico hai un orzamento de 670.000 euros (para as nove cidades participantes) Esta cantidade está cofinanciada nun 75% pola Comisión Europea  e no 25% restante polas cidades participantes.

Data inicio
Data fin