• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Promoción de empresas e entidades en maiscompostela.org

As empresas, entidades, institucións e administracións con sede na comarca de Compostela ou que celebren eventos en Santiago poden promocionarse gratuitamente en internet a través da web da Concellaría de Promoción Económica www.maiscompostela.org e facebook.

Este novo instrumento,enmarcado na Rede de Cooperación Local, configúrase como un espazo interactivo e promocional que completa e, á vez complementa, os servizos e espazos que ofrece o edificio Cersia-Empresa ao tecido empresarial compostelá.

Que lles ofrecemos ás empresas e institucións?

  • Unha nova ferramenta gratuíta para a promoción e defusión das súas actividades, vía web e vía Facebook.
  • Colaboración activa na organización destas actividades. 
  • Un espazo onde coñecer o que outras empresas e institucións do ámbito de Santiago de Compostela están facendo en cada momento.

Que lles pedimos ás empresas e institucións?

  • Que nos fagan chegar as súas peticións de colaboración nos modelos e formatos establecidos cun mínimo de  1 semana de antelación á celebración do seu evento vía correo electrónico á dirección redecooperacionlocal@santiagodecompostela.org. Cando a colaboración requira habilitación de formularios de inscrición,  a antelación referirase a data de inicio do periodo de inscrición.
  • Información sobre os resultados obtidos en cada evento.Todos os eventos que cheguen baixo este formato estarán identificados como Rede de Cooperación Local, ademáis da clasificación pola lóxica do evento: concursos, convocatorias, eventos, curso…

Os co-organizados ou patrocinados pola Oficina de Promoción Económica diferenciaranse dos outros mediante a inclusión dunha cláusula legal ao respecto. Identificaranse claramente aquelas actividades que supoñan un custe para as persoas participantes.

Poderase engadir material promocional a maiores cun tamaño máximo por documento de 1,99 MB

 

Caracteristicas

CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN:

  1. Os eventos deberán estar organizados por entidades con sede na comarca de Compostela ou ben, terán lugar en Compostela.
  2. As peticións de colaboración deben achegarse nos modelos e formatos establecidos cun mínimo de 1 semana de antelación á celebración do seu evento vía correo electrónico a redecooperacionlocal@santiagodecompostela.org. Cando a colaboración requira habilitación de formularios de inscrición,  a antelación referirase a data de inicio do periodo de inscrición.
  3. Tras a celebración do evento remitirase a mesma dirección de correo electrónico unha breve información sobre os resultados obtidos.
  4. Incluirase sempre o teléfono, correo electrónico e web da entidade ou empresa organizadora como referencia para maior información; sendo cando menos un destes medios obligatorio para admitir a noticia.
  5. A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo reservase a decisión final da súa publicación no caso de contido inaxeitado ou en desacordo a dereito.
Dirixido

Empresas e/ou entidades con sede na comarca de Compostela ou que celebren eventos en Santiago.

Periodo de actuación

Este programa levouse a cabo no periodo 2005-2017