Promoción gratuita de empresas e entidades en www.maiscompostela.org
As empresas, entidades, institucións e administracións con sede na comarca de Compostela ou que celebren eventos en Santiago poden promocionarse gratuitamente en internet a través da web da Concellaría de Promoción Económica www.maiscompostela.org e facebook.
Este novo instrumento,enmarcado na Rede de Cooperación Local, configúrase como un espazo interactivo e promocional que completa e, á vez complementa, os servizos e espazos que ofrece o edificio Cersia-Empresa ao tecido empresarial compostelá.
Que lles ofrecemos ás empresas e institucións?
- Unha nova ferramenta gratuíta para a promoción e defusión das súas actividades, vía web e vía Facebook.
- Colaboración activa na organización destas actividades.
- Un espazo onde coñecer o que outras empresas e institucións do ámbito de Santiago de Compostela están facendo en cada momento.
Que lles pedimos ás empresas e institucións?
- Que nos fagan chegar as súas peticións de colaboración nos modelos e formatos establecidos cun mínimo de 1 semana de antelación á celebración do seu evento vía correo electrónico á dirección redecooperacionlocal@santiagodecompostela.org. Cando a colaboración requira habilitación de formularios de inscrición, a antelación referirase a data de inicio do periodo de inscrición.
- Información sobre os resultados obtidos en cada evento.Todos os eventos que cheguen baixo este formato estarán identificados como Rede de Cooperación Local, ademáis da clasificación pola lóxica do evento: concursos, convocatorias, eventos, curso…
Os co-organizados ou patrocinados pola Oficina de Promoción Económica diferenciaranse dos outros mediante a inclusión dunha cláusula legal ao respecto. Identificaranse claramente aquelas actividades que supoñan un custe para as persoas participantes.
Poderase engadir material promocional a maiores cun tamaño máximo por documento de 1,99 MB
Empresas e/ou entidades con sede na comarca de Compostela ou que celebren eventos en Santiago.
CONDICIÓNS DE ACEPTACIÓN:
1. Os eventos deberán estar organizados por entidades con sede na comarca de Compostela ou ben, terán lugar en Compostela
2. As peticións de colaboración deben achegarse nos modelos e formatos establecidos cun mínimo de 1 semana de antelación á celebración do seu evento vía correo electrónico á dirección redecooperacionlocal@santiagodecompostela.org. Cando a colaboración requira habilitación de formularios de inscrición, a antelación referirase a data de inicio do periodo de inscrición.
3. Trala celebración do evento remitirase a mesma dirección de correo electrónico unha breve información sobre os resultados obtidos en cada evento.
4. Incluirase sempre o teléfono, correo electrónico e web da entidade ou empresa organizadora como referencia para maior información; sendo cando menos un destes medios obligatorio para admitir a noticia.
5. A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo non se fai responsable dos comentarios expresados polas entidades anunciantes e resérvase o dereito de recortar, modificar ou incluso eliminar todas aquelas aportacións que non manteñan as formas adecuadas de educación e respecto. Da mesma forma, comprométese a procurar o correcto emprego deste mecanismo, co máximo respecto á dignidade das persoas e a liberdade de expresión amparada pola Constitución Española.