• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

IMPACTIC: auditorias de impacto para a presenza de empresas na Internet

As auditorías de impacto queren ofrecerlle aos empresarios as ferramentas necesarias para que optimicen os recursos comunicativos e melloren a súa promoción e comercialización a través de internet. Pretenden dar solución en tempo real ao que actualmente máis preocupa aos propietarios de pequenas empresas coma comercios, aloxamentos turísticos, empresas de servizos e responder ás preguntas: Como vender en Internet? Estouno facendo ben?

Cada xornada comeza ás 10.00h e remata ás 14.00h dividíndose en dúas partes diferenciadas, as ponencias sobre comercialización e as auditorías de impacto.

Comercialización: daranse as claves e os conceptos básicos que calquera empresa debe ter presentes se quere dar o paro nun bo uso de internet. Tamén se coñecerán as distintas ferramentas de internet para a súa promoción, así como novos modelos de venda en liña e as claves a ter en conta para verder.

Auditoría de impacto: na segunda parte os responsables das empresas Abertal e Galinus Taller de Novos Medios, analizarán a presenza en Internet das empresas asistentes ao seminario, que serán seleccionadas aleatoriamente.

Datas de realización e horarios para os distintos grupos:

Grupo 1: Comercio, martes 13 de novembro de 9:30h a 14:00h, 20 prazas. A celebrar no edificio CERSIA Empresa
Grupo 2: Hostelería, mércores 14 de novembro  de 9:30h a 14:00h, 20 prazas. A celebrar na sede da Asociación de Hostelería de Compostela, rúa Salvadas, 29-31
Grupo 3: Empresas de servizos e industria, xoves día 15 de novembro de 9:30h a 14:00h, 20 prazas. A celebrar no edificio CERSIA Empresa

Os expertos:

PRESENZA 2.0: Daniel Cerqueiro, director da empresa Galinus Taller de Novos Medios, especialista en marketing on line, as redes sociais e as ferramentas 2.0; con moito interese na divulgación das implicacións socioeconómicas derivadas do uso das tecnoloxías da comunicación, con ampla experiencia na impartición de charlas e outras accións formativas.

PRESENZA WEB: Manuel Pan, Consultor especialista en Comercio e TIC, ten realizado traballos de asesoramento neste campo para Turgalicia, Xunta de Galicia, asociacións empresariais, centros comerciais abertos, FEGATUR, CELUISMA hoteis, Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, deputacións e diversos concellos e empresas.

Programa:

9:30 Recollida de documentación
9:45 Presentación da Xornada
10:00h: Como me vendo? Estás en internet, logo existes
10:45 h Como vendo? Trucos e segredos
11:30 h Pausa Café
12:00 h Auditorías de Impacto
14:00 h Fin da xornada

As xornadas dos días 13 e 15 de novembro celebraranse no Edificio CERSIA , Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n  ( San Lázaro ).- Santiago de Compostela

Na xornada do día 14 de novembro a edición é especial para establecementos asociados á Asociación de Hostelería de Compostela e realizarase nas súas instalacións sitas na rúa Salvadas, 29-31.

Documentación requerida
  • Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
  • Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
  • Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
  • Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego.
  • Para as persoas interesadas na edición especial de hostelería: acreditación de socio ou de estar traballando nun establecemento asociado á Asociación de Hostelería de Santiago de Compostela.
Dirixido

Ao empresariado, persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela vinculados aos ámbitos determinados en cada grupo.