• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Webinar: Descubre como será o funcionamento do HACKATHON

#HACKatHOME é unha iniciativa liderada desde a Xunta de Galicia na que propoñemos unir, de forma remota, a persoas de diferentes ámbitos relacionados coa tecnoloxía para desenvolver ideas innovadoras e así axudar á industria, ao comercio e ao emprego para construír unha nova realidade. Coñece o como, o cando e onde do primeiro hackathon virtual de Galicia. Máis dun Hackathon, un HACKatHOME. 

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do

Considéranse actuacións subvencionables, as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2020.

Non obstante, en función da súa especial natureza, tamén se considerarán actuacións subvencionables aquelas actuacións que se inicien no mes de decembro do ano 2019 e teñan continuidade ininterrompida no exercicio 2020, concretamente as actuacións derivadas da campaña de Nadal 2019/20.

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización dos centros comerciais abertos e prazas de abastos de Galicia

Subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro para a dinamización e revitalización dos Actuacións subvencionables:  

Centros comerciais abertos.  

Serán subvencionables os proxectos que teñan por finalidade acadar a dinamización e revitalización dos centros comerciais abertos; en concreto, considéranse actuacións subvencionables:  

Axudas a proxectos de dixitalización para facer fronte á situación provocada polo COVID-19 (programa Cheques Dixitalización COVID-19)

A contía da axuda será do 80 % dos importes indicados no artigo 5, co límite máximo de 9.600 € por empresa ou o importe máximo de minimis que poida recibir de acordo co que establece o Regulamento (UE) 1407/2013.

As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e teñen por obxecto apoiar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios elixibles á situación creada polo COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en calquera das seguintes categorías:

Ampliación do prazo de presentación de solicitudes, de execución dos proxectos e de presentación da solicitude de cobramento das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresa

Amplíase ata o 17 de xullo de 2020 o prazo de presentación de solicitudes previsto no punto terceiro da Resolución do 9 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas (Galicia Exporta Organismos Intermedios), cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.