• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Axudas á comisión de apertura dos préstamos de adianto das axudas da PAC no ano 2020

A solicitude da axuda entenderase realizada pola presentación no ano 2020, da solicitude única regulada na Orde do 12 de febreiro de 2020 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control, sempre que se xustifique a subscrición dun préstamo entre a persoa solicitante da PAC da campaña 2020 e as entidades financeiras asinantes do convenio, xa fosen subscritos os préstamos antes da sinatura do convenio como con posterioridade á súa entrada en vigor, e que recollan o présta

III Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

Con este evento, que se desenvolverá en horario de mañá ao longo de 90 minutos, inaugurase un ciclo de catro encontros virtuais con profesionais do sector para analizar o papel do deseño no escenario de futuro condicionado pola crise do coronavirus. Baixo o título “A era pos-COVID: redeseñar o mundo”, o ciclo contará con recoñecidos profesionais galegos que desenvolven a súa actividade en Galicia e fóra de Galicia.

Modificación prazos axudas proxectos promoción e dinamización Xacobeo 2021

Os proxectos presentados ao abeiro da Resolución do 19 de novembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos de promoción e dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo, e se procede á súa convocatoria para os anos 2020 e 2021, executaranse entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de setembro de 2021. O prazo de xustificación rematará o 15 de outubro de 2021.

Modificación das ordes de incentivos á contratación e formación para o ano 2020

Para o caso de impartición da formación na modalidade de teleformación, deberá realizarse a través dunha plataforma virtual de aprendizaxe cunha metodoloxía apropiada para esta modalidade que posibilite a interactividade entre a persoa traballadora que recibe a formación e a que imparte a titoría e que asegure a xestión dos contidos, un proceso de aprendizaxe sistematizada, o seu seguimento continuo en tempo real, así como a avaliación de todo o proceso.

Webinario dixitalización empresarial

Poucas preguntas son tan claras na actual crise mundial de pandemia porque esa reinvención e o cambio de negocio serán o seguinte paso, os modelos de negocio cambiarán nun ou varios aspectos, dende a dixitalización ata a comunicación cos clientes a través do xeito de ver finanzas empresariais. Neste punto do proceso, vese a necesidade, pero non se sabe enfocar. As pequenas pautas son claves paradeseñar a folla de ruta para os próximos meses e / ou anos.

Webinario financiamento e axudas esceario postcovid 19

Poucas preguntas son tan claras na actual crise mundial de pandemia porque esa reinvención e o cambio de negocio serán o seguinte paso, os modelos de negocio cambiarán nun ou varios aspectos, dende a dixitalización ata a comunicación cos clientes a través do xeito de ver finanzas empresariais. Neste punto do proceso, vese a necesidade, pero non se sabe enfocar. As pequenas pautas son claves paradeseñar a folla de ruta para os próximos meses e / ou anos.