• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa Aprol - Subvencións para o fomento do emprendemento en economía social

Poderanse acoller a estas subvencións, sempre que cumpran as condicións xerais e os requisitos establecidos no correspondente programa:
  • As cooperativas e sociedades laborais para o programa I.
  • As persoas desempregadas, socias ou traballadoras de cooperativas ou sociedades laborais ou doutras empresas que se transformen nestas, para o programa II.

Convocadas as axudas para proxectos de ordenación de montes

Os instrumentos cuxa elaboración se financie coas axudas non poderán, para o conxunto do monte, aumentar a superficie ocupada por masas de eucalipto. Outro requisito é que só poderán solicitar a axuda aqueles montes que non dispoñan dun plan de ordenación vixente ou que teñan un pero coa condición de que estea no último ano da súa vixencia ou de que máis do 20% da súa superficie fose afectada por un incendio.

Convocadas as axudas para proxectos piloto no sector agroforestal

A intensidade da axuda aos proxectos piloto, desenvolvemento de novos produtos, prácticas, procesos e tecnoloxías será do 80 % dos gastos subvencionables. A contía máxima subvencionada en cada iniciativa de cooperación será de 100.000 euros. Non se admitirán proxectos cuxa contía real de execución sexa superior a 150.000 euros. En ningún caso se financiarán proxectos de investigación básica ou fundamental nin investigacións independentes.

Ciclo formativo para afondar nas vantaxes dos servizos do programa ReAcciona

O programa ReAcciona é un dos instrumentos cos que a Xunta está a traballar na mellora da competitividade do tecido empresarial ao abeiro da Axenda Galicia-Industria 4.0, coa que se prevé incrementar ata o 20% o peso da industria no PIB, impulsando a creación de 50.000 empregos na industria ata 2020. O programa, cofinanciado ao 80% con fondos Feder, apoia ás pemes galegas na profesionalización dos seus equipos directivos e nos plans de xestión e desenvolvemento estratéxico para o seu crecemento ou internacionalización.

Terceira edición do coworking de Santiago de impulso a proxectos emprendedores

As iniciativas de coworking teñen como obxectivo prioritario acelerar o desenvolvemento de proxectos empresariais e a creación de emprego sobre o territorio, aumentando a probabilidade de éxito das ideas impulsadas polas persoas emprendedoras, neste caso de Santiago, e facilitando a súa posta en marcha e a súa consolidación temperá.