• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Maker Faire en Galicia, a maior feira de inventores do mundo

24, 25 e 26 de Novembr0 de 2017 na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Composlea.

Para esta edición de 2017, o evento suma un día máis de programación, o venres 24 de novembro, que estará enfocado ao sector profesional, favorecendo que os expositores poidan dirixir dun modo máis óptimo a súa oferta de produtos e servizos, diversificándose en función do diferente público obxectivo. 

A Cidade da Cultura acollerá a terceira edición das charlas TEDXGalicia

O evento terá lugar o sábado 2 de decembro de 2017 na planta -1 do Museo Gaias, na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela. Comeza pola mañá e despois dun interín con sesión vermut e outras actividades retomase na tarde para rematar cara ás 20:00h e dar paso a algunha outra actividade sen hora de despedida ao se tratar da derradeira edición.  As charlas TED creáronse en 1984 en California como un evento para a transmisión “daquelas ideas que pagan a pena ser difundidas”, como reza o seu lema, facendo referencia á repercusión global que acadan os seus vídeos.

A CEG organiza a mesa redonda Demografía e empresa: cambio de paradigma

Será unha mesa redonda na súa sede, en horario de 11 a 13 horas, na que participarán Antonio Izquierdo, catedrático de Socioloxía da Universidade da Coruña; Juan Luís Castromán, titular do Departamento de Organización de Empresas e Comercialización na Universidade de Santiago e Esteban Vázquez Ferreiro, enxeñeiro informático.

Xornada gratuíta para que as empresas comprendan as novas demandas dos mercados

A empresaria e formadora Inma Rodríguez, que impartirá a sesión, explica que actualmente o mercado quere sentir confianza, seguridade na compra e a personalización dos produtos e servizos, “cada vez máis adaptados a súa necesidade e ao que quere sentir ao adquirir un produto”. En canto aos clientes, a experta sinala que hai diversos tipos, sempre enfocados en “satisfacer unha necesidade emocional na compra, e sentir esa emoción ou gustiño cando se atopa o que te fai sentir ben”.