• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Programa para fomento do Autoemprego e as Iniciativas empresariais en Galicia

O programa ofrece
  • Itinerarios formativos para mellorar e entrenar as competencias técnicas e emprendedoras.
  • Asesoramiento individual para realizar o seguimento técnico da idea de negocio.
  • Acompañamiento de mentoring
  • Recursos (manuais e guías prácticas) para o apoio no proceso de emprendemento
  • Acceso ao financiamento a través dun fondo de microcréditos

Anima Galicia realízase en: Edificio CEM Cidade da Cultura de GaliciaMonte Gaiás s/n15707 Santiago de Compostela

Volve Aquae Talent Hub a Santiago de Compostela - 8 de novembro

Aquae Talent Hub desenvólvese nunha soa xornada dividida en dúas partes: un taller e unha master class, que corren a cargo de expertos en innovación e emprendemento como Cecilia Tham, impulsora do movemento maker en Barcelona, Ana Sáenz de Miera, *co directora de Ashoka Europa, Valerie Miles, editora da revista Granta en español e Santiago Roncagliolo, escritor comprometido co desenvolvemento na Amazonía. Irene Lapuente, cofundadora da empresa A Mandarina de Newton, é a dinamizadora os talleres.

Xornada Compostela Ilustrada "A Praza, Corazón de Santiago"

Explicaranse as técnica para debuxar figuras humanas e para engadir detlales de adorno, como dobres páxinas con productos, e como seleccionar un titular para acompañar a escea. Con estas técnicas, mirarase o Mercado dende o prisma da ilustración e se elexirá un plano para debuxar. As inscricións poden facerse en info@compostelailustrada.com.

Joaquín González Dorao

Obradoiro de Fotografía de Produto para Redes Sociais. "Visibiliza o teu negocio"

Aprende con Xaime Cortizo a mostrar o que fas e como o fas dun xeito atractivo. Este obradoiro de 4 horas eminentemente prácticas está enfocado  a sacar partido de ferramentas coma o teléfono móbil, a tablet ou cámaras fotográficas de distinto tipo. 

O obradoiro realizarase na Aula de Formación da Praza de Abastos o 8 de novembro en horario de 17:00 a 21:00 horas.

Rexístrate e aforra enerxía na Praza de Abastos de Santiago!

Dentro do proxecto "Compostela Móvese 2017" ábrese convocatoria para a monitorización de consumo enerxético a través de OTEA de 15 postos da Praza de Abastos de Santiago.

Esta monitoraxe permitirá obter a cada posto curvas de consumo, detección de consumos innecesarios e propostas de melloras a aplicar para reducir o consumo eléctrico do posto.

A monitoraxe executarase entre outubro e decembro de 2017.

 

PRAZAS DISPOÑIBLES:

Convocatoria para participar como expositor no Outlet Santiago Centro

Esta é a segunda edición do evento, que reunirá a un amplo grupo de establecementos comerciais do Ensanche e de Compostela, dos sectores máis variados. O evento inclúe a realización de accións para dar visibilidade a tres Ong que traballan en Santiago e Galicia, Down Compostela, Asanog e a sección galega da Asociación Alfa 1 España.

O éxito de público da primeira edición fixo que en 2017 Santiago Centro programe a ampliación do espazo de exposición, para dar cabida a máis comercios e produtos.

"O mundo que ven", IV edición. 20-Outubro en Santiago

O obxetivo das xornadas “O mundo que vén” é procurar que os directivos das empresas galegas levanten a mirada das ocupacións cotiáns para descubrir as novas tendencias en xestión empresarial e poidan anticipar o xeito en que os cambios por vir afectarán as súas empresas.

Entre os ponentes da IV Edición de “O mundo que vén” estarán Alejandro Alvargonzález, da OTAN; Ignacio García, do Instituto Español de Estudios Estratéxicos; Guillermo Dorronsoro, de Deusto Business School; Jaime Rodríguez, de Blablacar; Luis Martín, do Grupo Barrabés; e Ismael  Faro, da IBM.