Empresa e redes sociais. Curso de Community Management impartido por PREMIR
15% de desconto en todos os tratamentos de Fanego Clínica Dental
Do 01 de decembro de 2010 ao 31 de xullo de 2012, Fanego Clínica Dental ofrece un 15% de desconto en todos os tratamentos, como promoción de apertura. Para poder beneficiarse desta promoción, as persoas interesadas só teñen que comentar, ao persoal da clínica, que coñeceron esta oferta a través da páxina web da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo wwww.maiscompostela.org.
Xaneiro. VIII Xornadas SINDUR. Da cidade dixital á cidade aumentada
O obxectivo das xornadas, organizadas pola USC e nas que colabora a concellaría de Promoción Económica, é analizar como se pode superar a cidade dixital clásica que promove a formación da xente no uso de Internet, crear webs locais, promover os telecentros ... ate un novo concepto de cidade aumentada que impulsa a difusión de productos territoriais, empresas locais, sociedade civil... etc a través das redes sociais e a Internet, promovendo o desenvolvemento económico e a innovación.
III Concurso de promoción comercial Regalar custa pouco
A Concellaría de Promoción Económica e Comercio convoca o III Concurso catálogo de promoción comercial de Compostela Regalar custa pouco, cos obxectivos de potenciar as compras nos estabelecementos comerciais da cidade; promover a adaptación dos estabelecementos comerciais á situación e cambios no mercado actual; e estimular a implantación de estratexias encamiñadas á satisfacción das necesidades, esixencias e demandas das persoas consumidoras.
Promoción gratuita de empresas e entidades en www.maiscompostela.org
Este novo instrumento,enmarcado na Rede de Cooperación Local, configúrase como un espazo interactivo e promocional que completa e, á vez complementa, os servizos e espazos que ofrece o edificio Cersia-Empresa ao tecido empresarial compostelá.
Que lles ofrecemos ás empresas e institucións?
19 de novembro: xornada "Da horta á túa mesa cun só click en Internet. Alimentos tradicionais e comercio electrónico"
A finalidade desta xornada é impulsar o desenvolvemento socioeconómico e difundir a utilización das Novas Tecnoloxías da Comunicación e da Información no medio rural galego, co fin de valorar a calidade de vida, e por en valor a cultura rural, establecer canles de comunicación directa entre o medio rural e urbano, e promover a difusión das Novas Tecnoloxías como ferramentas de intervención fronte ó fenómeno de exclusión socio-territorial coñecido como “Fenda Dixital”, e que pode definirse como as diferenzas de acceso ás Novas Tecnoloxías.
11 de novembro. Xornada "Mellora o SEO do teu negocio en internet"
Iniciador é unha comunidade de emprendedores que ten como obxectivo fomentar e facilitar o "emprendizaje". Para conseguilo organízanse actividades de emprendedores para emprendedores, onde poden compartir coñecemento e experiencias, fomentando as bondades da cultura empresarial.
En Mellora o SEO do teu negocio en internet compartiranse consellos e trucos para mellorar o posicionamento das empresas e negocios en buscadores de internet.XI Premio AMJE EMPRENDE
O capital social das empresas que se presenten deberá estar participado nun 25% como mínimo por persoas físicas menores de 41 anos e que reúnan os seguintes requisitos:
1. Premio Novo Empresario 2010: emprendedor/a que constitúa unha empresa, en calquera das súas formas xurídicas, cunha antigüidade superior a 3 anos, con sede social na provincia da Coruña, independentemente da súa actividade principal e do seu sector empresarial.