• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

16 de decembro. Presentación da Web do Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia

Tras máis dun ano de traballo dedicado ao deseño, reestruturación de contidos, e creación de novas ferramentas, chegou por fin o momento da posta en marcha da nova web do Ceesg.
Este portal nace coa intención de ser o principal medio de comunicación do Ceesg, un espazo de encontro, de diálogo, de participación e de creación conxunta de Educación Social, unha comunidade aberta e democrática de aprendizaxe e educación ao longo da vida, e, ao mesmo tempo, un instrumento áxil e útil.

Edición Nadal. VII concurso Municipal de Escaparatismo

Na edición de verán premiaranse tres comercios, que recibirán campañas publicitarias por valor de 4.000 euros para o primeiro clasificado, de 3.000 euros para o segundo, e de 2.100 para o terceiro. O xurado, no que se integran asociacións de comerciantes, consumidores e expertos na materia, valora especialmente a orixinalidade, ambientación e eficacia da mensaxe publicitaria atendendo ás condicións dos establecementos.