Análise de mercados
Inscrición ata o 23 de outubro (formulario web)
Edificio CERSIA, Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro).- Santiago de Compostela
Hai persoas que actúan por inercia; por impulso; movidas por corazonadas. Outras moitas prefiren facer uso dun método e, aplicando certos patróns máis ou menos científicos, observar a realidade que os rodea para tratar de predicir como pode incidir esta nas súas actuacións. Os primeiros confían boa parte das súas probabilidades de éxito á sorte. Os segundos á investigación, principal motor de avance das sociedades modernas.
Con este módulo formativo pretendemos dotar aos asistentes dos coñecementos e as ferramentas necesarias para investigar a realidade do mercado e actuar sobre el con garantías de éxito. Ao final, o obxectivo último é axustar a nosa oferta ás necesidades e peculiaridades do mercado no que operamos.
O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é o modelo xenético derivado do descubrimento por parte de Watson e Crick do modelo de dobre hélice do ADN. Intentaremos presentar os mercados a través do seu xenoma, procurando entender o seu comportamento a partir dunha sinxela investigación achega do aliñamento das súas bases e da espiralización das súas cadeas en dobre hélice.
Grupo 1: 5 e 6 de novembro.-15 prazas.-Horario de 15.30 a 21.30 h
Grupo 2: 7-8 de novembro.-15 prazas.-Horario de 15.30 a 21.30 h
Lugar de impartición: Edificio CERSIA, Avenida do Alcalde Raimundo López Pol s/n (San Lázaro).- Santiago de Compostela
Número mínimo de prazas para desenvolver o curso: 7
Ao inicio do curso requirase a seguinte documentación:
- Para persoas en activo: copia da ultima nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeda de demanda de emprego.
A persoas emprendedoras, traballadores/as en activo do tecido empresarial e estudantes universitarios ou de formación profesional de Santiago de Compostela.
A inscrición suporá a aceptación de bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.