Coworking Compostela Digital da Cámara de Comercio de Santiago
TALLERES FORMACIÓN OUTUBRO:
para emprendedor@s e empresas
Que temáticas tan prácticas e interesantes!!!
TALLERES FORMACIÓN OUTUBRO:
para emprendedor@s e empresas
Que temáticas tan prácticas e interesantes!!!
Serán subvencionables os proxectos de creación de infraestruturas en Galicia que contribúan a nivel local a mellorar o contorno das empresas e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial, e que cumpran os seguintes requisitos:
a) Estarán á disposición dos usuarios interesados dunha forma aberta, transparente e non discriminatoria. O prezo que se cobrará polo uso ou venda das infraestruturas será o prezo de mercado.
As axudas concédense en réxime de concorrencia non competitiva e o seu obxecto é a concesión de axudas ou de préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos de investimento empresarial das seguintes modalidades:
I.1. Proxectos de investimento empresarial xerais.
I.2. Proxectos de investimento en equipamento produtivo.
No día de onte celebrouse a xornada "Somos mulleres, somos emprendedoras, somos economía social", iniciativa organizada por EspazoCoop xunto ao Concello de Santiago, no marco de convenio de colaboración que manteñen ambas as dúas entidades para impulsar un ecosistema emprendedor baixo modelos empresariais de economía social.
Licitación do servizo de transporte público
O vindeiro xoves, 21 de setembro , en horario de 12:00 a 14:00 horas, a Cámara de Comercio de Santiago organiza, en FORMATO ONLINE, a xornada GRATUÍTA:
"O plan de empresa na StartUp"
O obxectivo principal da aceleradora cultural de proxectos musicais é iniciar un proceso de vertebración sectorial, poñendo á disposición das persoas seleccionadas ferramentas que lles permitan desenvolver a súa carreira co fin de:
• Acelerar o crecemento do tecido empresarial e profesional das industrias culturais no ámbito musical.
• Definir e analizar as prioridades e necesidades dos proxectos musicais emprendedores.
As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a execución de proxectos do programa de comercio circular.
A convocatoria ten por finalidade mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas en Galicia a través da formalización de contratos de formación para a obtención da práctica profesional ou de contratos de formación en alternancia, que lle faciliten a inserción laboral, dotándoas, pola súa vez, de competencias para o emprego que as acompañen durante a súa vida laboral, coa finalidade última de promover a súa empregabilidade e a retención do talento mozo na nosa Comunidade Autónoma.