• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

BONOS TALENTO EMPRESA

Esta orde ten por obxecto fixar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión dos Bonos Talento empresa, destinados á formación non formal mediante a realización de proxectos formativos de curta duración que teñan como obxectivo mellorar as capacidades das empresas e contribuír ao desenvolvemento profesional dos seus cadros de persoal.

 

SUBVENCIONS EMPRENDEMENTO PLUS

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións Emprendemento Plus para iniciativas de emprendemento de persoas traballadoras autónomas e pequenas e medianas empresas, que na data de presentación de solicitude de axuda non teñan máis de 42 meses de antigüidade desde a data de constitución ou alta, así como a data de inicio da súa actividade económica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2023 (código de procedemento TR880B), a través dos seguintes programa

A PROPOSTA DE VALOR NO EMPRENDEMENTO TECNOLÓXICO-DIXITAL

O obxectivo da sesión é aprender en que consiste a proposta de valor dun proxecto de emprendemento e traballar as distintas áreas que a compoñen para xerar un posicionamento diferencial. As persoas participantes adquirirán coñecementos en como detectar os aspectos ou variables que realmente valora o cliente.

Esta xornada está dirixida a:

O 6º Encontro Emprendedor xirará arredor da economía urbana

Pasado o ecuador do ciclo, o Encontro Emprendedor de xullo centrarase no eixo da Economía Urbana. Así, porase o foco nas conexións que existen entre iniciativas emprendedoras recoñecidas na cidade, que destacan pola súa capacidade de cooperación e reforzo ao sector primario compostelán, en concreto, as iniciativas gastronómicas e de restauración vinculadas ao produto de proximidade na Praza de Abastos.

AXUDAS PARA A INICIATIVA FABRICA INTELIXENTE E SUSTENTABLE

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación ao abeiro da convocatoria da iniciativa Fábrica intelixente e sustentable. Esta iniciativa, incluída no Plan galego de investigación e innovación 2022-2024, marco instrumental da RIS3 2021-2027, ten por obxectivo promover a realización de proxectos empresariais de I+D+i de carácter estratéxico para o tecido industrial galego, centrados no desenvolvemento de tecnoloxías industriais clave para acadar un modelo produtivo innovador.

“DESEÑA O TEU MPV (PRODUTO MÍMINO VIABLE) DIXITAL CON AGILE”

O principal obxectivo desta xornada é que os participantes estean equipados cos coñecementos e as ferramentas necesarias para deseñar e desenrolar un MPV dixital de maneira áxil, permitíndolles responder de maneira rápida e efectiva ás necesidades cambiantes dos usuarios e maximizar as posibilidades de éxito comercial na contorna dixital actual.

Esta xornada está dirixida a:

PROGRAMA EMEGA

O programa Emega comprende un conxunto de axudas dirixidas a apoiar a posta en marcha, a mellora e a reactivación de iniciativas empresariais constituídas por mulleres, xunto con medidas complementarias para favorecer a conciliación da vida persoal, familiar e laboral, así como o acceso a servizos específicos de información, asesoramento e orientación empresarial co obxecto de facilitar a implantación e consolidación dos proxectos empresariais promovidos por mulleres.

 

SUBVENCIONS AO SECTOR TURISTICO PARA A PROMOCION DA DIXITALIZACION

As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto promover o desenvolvemento tecnolóxico e o proceso de transformación dixital das empresas turísticas a través da incorporación de solucións dixitais aos seus establecementos, servizos e procesos, coa finalidade de mellorar a súa competitividade, adaptándose ás novas necesidades e tendencias do sector turístico.

Datos de interese:

SUBVENCIONS PARA APOIAR INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública de subvencións para apoiar iniciativas de emprendemento ás persoas traballadoras autónomas e ás pequenas e medianas empresas, incluídas as cooperativas e sociedades laborais, que se constitúan ou dean de alta, segundo a natureza xurídica da entidade de que se trate, e que iniciasen a súa actividade económica desde o 1 de xaneiro de 2021 no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e proceder á súa convocatoria para a anualidade 2023.

ROADMAP DA TRANSFORMACIÓN DIXITAL. COMO PODO LEVAR A CABO A TRANSFORMACIÓN DA MIÑA EMPRESA?

Os participantes coñecerán esta metodoloxía e comprenderán como analizar os diferentes puntos relevantes e críticos do seu proxecto para avaliar e implementar con éxito o cambio e a dixitalización nas diferentes áreas dos seus negocios.