• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SALIMAT 2021

O salón ofrece a oportunidade de:

  • Presentar produtos nunha singular exposición e testar novidades
  • Contactar cun importante número de distribuidores e importadores
  • Atoparse con socios e clientes, tanto actuais como potenciais
  • Reforzar imaxe e notoriedade, tamén formando parte do programa de actividades

 

Accións conectadas

Datas: do 9 de setembro ao 7 de outubro

Horario:

- O 9 de setembro de 17:00 a 19:00 horas
- O 16,23,30 de setembro e o 7 de outubro de 16:00 a 20:00 horas

Modalidade: presencial nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.

Duraciónn: 18 horas (5 sesións)

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e economía social.

Emprendendo en cooperativas

Datas: do 3 ao 6 de agosto de 2021

Horario e modalidade: presencial

Horario: de 09:30 a 14:30 horas

Duración: 20 horas

Destinatarios: Persoas que estean pasando por situacións que as poñan en risco de exclusión social, tanto desempregadas como emprendedoras, ou incluso ocupadas e con interese en desenvolver un proxecto de emprendemento cooperativo.

Programa formativo:

Charlas informativas de sensibilización medioambiental e fomento das EILS

Data: 30 de xullo

Horario: sesión de 50 minutos de sensibilización medioambiental e fomento da figura das Empresas de Inserción en centros educativos de formación primaria, ESO e Bacharelato.

Modalidade: presencial

Destinatarios: Docentes e persoal da comunidade educativa interesados e nenos/as de colexios públicos e privados.

Programa formativo:

Xornada:Contratación pública responsable.Contratos reservados a CEE e EIL

Data: 29 de xullo

Horario: de 10:00 a 12:00 horas

Lugar: no Salón de actos nº 2 da Conselleria de Presidencia, Xustiza e Turismo (Complexo administrativo de San Caetano s/n – Santiago de Compostela)

Destinatarios: Persoal técnico de entidades sociais, entidades de economía social e representantes políticos e cargos públicos de dirección

Programa formativo:

XIV Edición da Feira das Industrias Culturais CULTUGAL baixo o lema " A cultura que toca "

Celebraráse do 26 ao 28 de novembro de 2021 no Pazo da Cultura de Pontevedra. O venres 26 de novembro será unha xornada orientada aos profesionais do sector e os días 27 e 28 abrirase ao público en xeral.
Este ano, a dixitalización toma impulso tras unha pasada edición en streaming que serviu de aprendizaxe para a organización, poñendo en marcha a Culturgal TV, unha canle que a xeito de magazine funcionará como “unha tele cultural de fin de semana”. 

Extracto da Orde do 9/7/2021 establecen bases subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega e o impulso da competitividade do sector artesán 2021

DOG Nº 139 do 22/07/2021

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.go.es/bdnstrans/index).

Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Beneficiarias/os

PROXECTO FF4 EuroHPC

FF4  EuroHPC quere mostrar ás pemes europeas formas de optimizar o seu rendemento co uso de servizos avanzados de  HPC en tarefas como o modelado e simulación, análise de datos, aprendizaxe automática, intelixencia artificial e a combinación dos mesmos, e aplicar estas solucións innovadoras en beneficio empresarial.