• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

O Pleno acorda nomear a Ramón Baltar fillo predilecto da cidade e dá luz verde ao destino do remanente de tesourería

A concelleira de Economía e Facenda, Marta Abal, detallou o modificativo de crédito de 7.255.699,73 € que "será financiado integramente con remanente líquido de tesourería". Unha partida de 4.434.864,01 de euros "fará fronte a gastos correntes procedentes de obrigas do ano pasado e sobre todo aos custes derivados do incremento dos prezos da luz polo proceso inflacionista", ao que corresponde o importe máis elevado, de 2.311.971,47 €.