• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Nace o "Mercado da luz": o troco e a compra-venda de produtos de segunda man chegan á Casa das Máquinas

O concelleiro de Centros Socioculturais explicou que o "Mercado da luz" toma o seu nome da denominación pola que os traballadores do edificio de Galeras coñecían o inmoble: "Casa da luz"; e xoga coa idea de "sacar á luz obxectos, prendas, mobles ou xoguetes, que todos e todas nós temos esquecidos nas nosas casas e aos que tal vez alguén lles queira dar unha nova vida".

A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente para a contratación das obras de reforma da Praza de Abastos

As obras de reforma da Praza de Abastos, "moi necesarias e solicitadas dende hai tempo", como indicou a rexedora, actuarán fundamentalmente sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. Contan cun orzamento base de licitación de 518.710,53 € (base impoñible de 428.689,39 € máis IVE do 21% de 90.024,14 €) e adxudicaranse seguindo o procedemento aberto simplificado, de acordo co artigo 159 da LCSP.

Conclusións do decimonoveno observatorio global dos mercados enerxéticos

Outra das revolucións que apunta este informe ten que ver co usuario final: está a se producir "un profundo cambio no consumo enerxético, o comportamento e as expectativas dos usuarios", un cambio que quedaría patente nas tendencias de autoconsumo, na nova cultura enerxética intelixente en fogares, edificios, fábricas e cidades, e na creación de comunidades de compra ou xestión de enerxía.