• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

INICIATIVAS DE EMPRENDEMENTO

A finalidade é facilitar as iniciativas de emprendemento, contribuíndo ao incremento da súa actividade económica e á súa competitividade e, en definitiva, mantendo empregos de calidade, a través do apoio ao financiamento do investimento realizado e pagado entre o 30 de setembro de 2023 e a data da presentación da solicitude.

PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

PROMOCION DO EMPREGO AUTONOMO

A finalidade deste programa é a concesión de 2 liñas de axuda económica a aquelas persoas desempregadas que pretendan desenvolver a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como traballadoras autónomas ou por conta propia, para facer fronte aos distintos gastos xerados no comezo e mantemento da súa actividade laboral.

AXUDAS A STARTUPS

Fomentar a actividade das startups galegas ou cun centro de traballo en Galicia subvencionando os gastos e investimentos en que incorran desde o 1 de xaneiro de 2024 ata a data da solicitude de axuda.

PROGRAMA GALICIA EXPORTA EMPRESAS E GALICIA EXPORTA ORGANISMOS INTERMEDIOS

Estas axudas teñen como obxecto incentivar a realización de accións de promoción exterior xeradoras de vantaxes competitivas que incidan na proxección e posicionamento das empresas galegas nos mercados internacionais.

Así mesmo, preténdese incentivar a posta en marcha de plans de internacionalización mediante a realización de accións de promoción no exterior de modo conxunto favorecendo a cooperación empresarial e o aproveitamento de sinerxías entre varias empresas.

II EDICIÓN DE PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030 DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Establécense as bases reguladoras do programa COMPOSTELA MÓVESE 2023 "PREMIOS Á EXCELENCIA EMPRESARIAL AXENDA URBANA 2030" para a concesión en réxime de concorrencia competitiva, que ten como finalidade recoñecer e valorar de maneira axeitada as empresas que amosan un gran compromiso coa calidade total.

AXUDAS DESTINADAS A APOIAS ÁS EMPRESAS DE ECONOMIA SOCIAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Establécense as bases reguladoras do programa COMPOSTELA MÓVESE 2023 “Axudas a empresas de Economía Social” para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas destinadas á consolidación e o mantemento de empresas con forma xurídica de cooperativa, sociedade laboral, centro especial de emprego ou empresa de inserción definida como tal segundo o establecido na Lei de Economía Social de Galicia.

 

AXUDAS DE APOIO A ACTIVIDADES CULTURAIS PARA O SECTOR PROFESIONAL 2023

1. Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2023, coa finalidade de dinamizar a vida cultural no noso concello e estimular e apoiar os seus proxectos e programacións.