• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PRESTAMOS DO INSTITUTO DE CREDITO OFICIAL (ICO) PARA O SECTOR TURISTICO E ACTIVIDADES CONEXAS COVID-19/THOMAS COOK

Os préstamos, cunha contía máxima de 500.000 euros, teñen un prazo de amortización de ata catro anos, un tipo de xuro fixo do 1,5%. Poderanse formalizar estes préstamos ata o 31 de decembro de 2020.

 

Os préstamos poderanse tramitar directamente nas entidades financeiras que colaboran nesta liña, e que se recollen na páxina do ICO.

 

Con respecto ó anterior, e para máis información, o enlace á páxina do ICO, é o seguinte:

 

Programa Reacciona

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e teñen por obxecto conceder axudas ás pemes destinatarias dos servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e adopción de solucións de dixitalización para a súa realización en empresas galegas, dentro do programa Re-acciona.

EXTRACTO da Orde de 26 de novembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladorasdo Programa I microempresas, de mantemento do emprego e a actividade económica das microempresas de Galicia máis afectadas pola COVID-19.Programa I

Poderán ser beneficiarias das axudas reguladas nesta orde:

As persoas ou entidades beneficiarias serán as persoas traballadoras autónomas con persoal contratado por conta allea ao seu cargo, as microempresas, calquera que sexa a súa forma xurídica e, excepcionalmente, as pemes, sempre desenvolvan a súa actividade económica nos sectores especialmente paralizados. As persoas ou entidades beneficiarias deberán cumprir todos e cada un destes requisitos:

– Que teñan domicilio fiscal en Galicia.

R. do 28 decembro 2021,pola que se convoca o procedemento de selección de entidades colaboradoras que participarán na xestión das subvencións para proxectos de enerxías renovables para uso térmico e fotovoltaica,

Requisitos, condicións de solvencia e eficacia das entidades colaboradoras:

1. Poderán ser entidades colaboradoras as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que, en ambos os casos, teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia e que acrediten as condicións de eficacia e solvencia técnica e económica que se establecen neste artigo.

2. Será necesario que as entidades colaboradoras estean dadas de alta na Consellería de Economía, Emprego e Industria:

Extracto da R. do 3 febreiro 2021 establecen bases das axudas para o apoio de proxectos piloto,desenvolvemento de novos produtos ,prácticas procesos e tecnoloxías no ámbito agroforestal ano 2021

DOG Nº 33 do 18/02/2021

Beneficiarios.-

1. Poderán acceder á condición de beneficiario das subvencións obxecto da presente resolución:

a) Persoas físicas ou xurídicas e organizacións ou entidades directamente vinculadas á produción primaria en agricultura, gandaría e/ou silvicultura.

b) Persoas físicas ou xurídicas primeiras transformadoras do sector agrario, alimentario e forestal ou da área de enerxías renovables de orixe agrícola e forestal.