Edificio CERSIA Empresa


Edificio Cersia Empresa
Edificio Cersia Empresa
Salón de Actos
Salón de Actos
Salas de Formación
Salas de Formación
Aula de Informática
Aula de Informática
Sala de Reunións
Sala de Reunións

CERSIA Empresa é o edificio municipal para a dinamización económica da cidade. O servizo nel proporcionado e mesmo as súas instalacións están ao servizo das entidades que forman ou pretenden formar parte do tecido económico e empresarial do concello de Santiago.

As entidades interesadas en facer uso das instalacións do edificio CERSIA Empresa deberán solicitar por rexistro o uso das instalacións, podendo consultar previamente á formalización da reserva a dispoñibilidade das mesmas enviando un correo electrónico a cersia@santiagodecompostela.org indicando o espazo ou espazos que precisa reservar, a data e horario de reserva, e mais un teléfono de contacto.

As instalación que o CERSIA Empresa pon á disposición das entidades son as seguintes:

 

  • Salón de actos
    Capacidade para 201 persoas
    Equipado con pantalla, canón e sistema de son
  • Salas de formación
    Dúas salas, con capacidade para 22 persoas (modelo auditorio)
    Posibilidade de distintas montaxes
    Equipadas con pantalla e canón
  • Aula de informática
    Capacidade para 18 persoas
    Equipada con pantalla e canón
  • Sala de reunións
    Capacidade para 16 persoas
    Equipada con pantalla e canón

 

+ info: cersia@santiagodecompostela.org


O uso e a cesión das intalacións está regulado nas Normas de Uso do CERSIA Empresa, aprobadas en Xunta de Goberno Local do 19 de maio de 2017 que poden consultarse aquí