Servizo de Apoio á Empresa


cersiaempresa
Cersia Empresa

O Servizo de Apoio á Empresa (SAE) é a entidade encargada de prestar un servizo integral de apoio á empresa, ao comercio e ás persoas emprendedoras do Concello de Santiago de Compostela.

O seu principal obxectivo é apoiar a creación e consolidación de empresas. Con esta finalidade pon á disposición das persoas emprendedoras, empresas e comercios, medios humanos e materiais para axudalas no proceso de creación e consolidación da súa iniciativa empresarial

Quen se pode beneficiar do servizo?
  • Persoas emprendedoras.
  • Comercios e empresas xa establecidas.
  • Asociacións de comerciantes, profesionais e outras entidades.

Onde está situado e como funciona?

O Servizo de Apoio á Empresa está situado no CERSIA, Centro de Recursos e Servizos Integrais de Apoio á Empresa, sito na Rúa Alcalde Raimundo López Prol s/n. A oficina permanece aberta ao público de luns a venres, de 8.30 h. a 14.30 h.

O Servizo de Apoio á Empresa ten establecido un sistema de cita previa. O teléfono de contacto é o 981 542 493. Tamén pode contactar co servizo a través do correo electrónico cersiaa r r o b asantiagodecompostela.org

Que servizos presta?

O Servizo de Apoio á Empresa cubre as diferentes etapas polas que pasa unha empresa desde que ainda é un proxecto ata que xa está consolidada, coa prestación dos seguintes servizos:
  • Información, orientación e asesoramento integral a persoas emprendedoras, comerciantes e empresarios/as en activo.
    • Emprendemento: información e orientación sobre todos os aspectos relacionados coa constitución da empresa.
    • Consolidación empresarial: acompañamento a empresas e comercios establecidos.
  • Formación: mellora da profesionalización.
    • Plan de formación continua.
    • Servizo Local de Emprego. Intermediación laboral. Xestión de ofertas e demandas de emprego.

    Con que programas conta?

    O Servizo de Apoio á Empresa conta con diferentes programas adaptados ás necesidades específicas das persoas emprendedoras, das empresas e/ou comercios de Santiago.
    • O programa Santiago Investors Support: cobre dun xeito integral as diferentes etapas polas que pasa unha persoa emprendedora deste que ten a súa idea de negocio ata que constitúe a empresa.
      • Xornadas formativas e informativas sobre diferentes competencias en creación e xestión de empresas.
      • Encontros comerciais.
      • Axudas para a creación de novas empresas
    • Viveiros de empresas.
      • Viveiro de Empresas de Costa Vella: en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela.
      • UNINOVA: en colaboración coa USC.