• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PLAN GALICIA EMPREGA

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras do Plan Galicia Emprega de incentivos á contratación e á formación na empresa ordinaria.

Incentivos á contratación por conta allea e á formación de persoas desempregadas na empresa ordinaria e, especialmente, daqueles que teñen maiores dificultades de inserción laboral. Inclúe catro tipos de axudas compatibles:

1.- Incentivos á contratación indefinida inicial. Para persoas mozas, mulleres, persoas desempregadas de longa duración e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

2.- Incentivos á contratación temporal. Para os mesmos colectivos do parágrafo anterior.

3.- Incentivos á transformación de contratos temporais en indefinidos. Só no caso de persoas mozas, mulleres, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social.

4.- Incentivos á formación. Opcional. Dirixido a persoas contratadas mediante contratación indefinida inicial  e temporal

Documentación requerida

As solicitudes deberanse presentar no formulario normalizado (anexo I) que figura como anexo numérico desta orde e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Cando se actúe mediante representación, acreditación por calquera medio válido en dereito, só no caso que non estea inscrito, no Rexistro xera de apoderamentos de Galicia.

b) Relación nominal das persoas traballadoras polas que se solicita subvención na que se inclúan os custos salariais totais anuais de cada persoa traballadora pola que se solicita subvención (anexo II).

c) Documentación acreditativa da exclusión social, discapacidade ou dependencia recoñecida fóra de Galicia, da persoa traballadora contratada.

d) Autorización para a comprobación de datos da persoa traballadora contratada (anexo III).

e) Documentos xustificativos do nacemento en Galicia da persoa traballadora contratada e ademais no caso de alegar algunha relación de parentesco coa persoa nacida en Galicia, documentación que acredite o vinculo con esta, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

f) Certificado de emigrante retornado, expedido polas delegacións ou subdelegacións do Goberno, baixa consular ou calquera outra documentación que acredite fidedignamente a residencia no exterior e a data de retorno a España, no caso de solicitar o incremento de emigrante retornado.

g) No caso de que as persoas polas que se solicita a subvención teña a condición de trans e opten polo incremento do 25 %, documentación que xustifique ter obtido ante o Rexistro Civil a rectificación da mención relativa ao sexo ou ben o cambio de nome para a asignación dun diferente ao do sexo rexistrado ao nacer.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, que contraten persoas traballadoras  por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados en Galicia.. As empresas que teñan cincuenta ou máis traballadores deberán cumprir a cota de reserva para persoas con discapacidade.

Requisitos

A contratación pola que se solicita subvención, para poder ser incentivada, ten que cumprir os seguintes requisitos:

As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos, de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser cunha xornada a tempo completo.

As contratacións indefinidas iniciais, incluída a modalidade de fixos-descontinuos, de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial

As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ter unha duración inicial mínima de tres meses.

Respecto da xornada, as contratacións temporais de persoas mozas, persoas paradas de longa duración e mulleres, persoas desempregadas todas elas, deberán ser a tempo completo.

As contratacións temporais de persoas desempregadas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial.

Quedan excluídos os contratos para a formación e a aprendizaxe.

Nas transformacións de contratos temporais en indefinidos (incluída a modalidade dos contratos fixos-descontinuos) realizadas con persoas mozas, mulleres e persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social, o contrato temporal obxecto de transformación deberá estar vixente con anterioridade á entrada en vigor desta orde de convocatoria.

Esta limitación temporal non será de aplicación cando se trate de transformación en indefinidos de contratos formativos (contrato en prácticas e contrato para a formación e a aprendizaxe), de revezamento ou de substitución por anticipación da idade de xubilación

Respecto da xornada, nas transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos os contratos (o temporal que se transforma e o indefinido) deberán ser a tempo completo. As transformacións de contratos temporais en indefinidos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Nas transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas mozas e mulleres, ambos contratos (o temporal que se transforma e o indefinido fixo-descontinuo) deberán ser a tempo completo.

As transformacións de contratos temporais en contratos indefinidos fixos-descontinuos realizadas con persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social poderán ser a tempo completo ou a tempo parcial, sempre que a xornada do contrato indefinido fixo-descontinuo sexa, como mínimo, igual á do contrato que se transforma.

Incentivarase a transformación dos contratos temporais en indefinidos sempre que non transcorresen máis de 24 meses desde a súa celebración inicial, agás aquelas modalidades temporais cuxa normativa permita unha duración superior a este prazo, computándose todas as modalidades contractuais subscitas sen ruptura de continuidade.

No suposto de que a transformación se produza con anterioridade á duración inicial dun contrato temporal xa subvencionado, compensarase a parte da subvención concedida correspondente ao período non esgotado reducindo, na mesma contía, o incentivo pola transformación do contrato en indefinido.