MARCA “Q” DE CALIDADE TURISTICA

Axencia Turismo de Galicia

Resolución do 26 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións a establecementos e servizos turísticos de xestión pública e/ou privada, nos procesos de certificación, seguimento, e renovación das correspondentes normas UNE, con obxecto da obtención e/ou mantemento da marca “Q” de Calidade Turística do Instituto para a Calidade Turística Española

Concesión das subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Axencia Turismo de Galicia, para os procesos de certificación de normas UNE que conduzan á obtención ou ao seguimento e renovación da marca Q de Calidade Turística do ICTE e se convoca para o ano 2022 (código de procedemento administrativo TU970A).

Documentación requerida

As persoas interesadas achegarán coa solicitude a seguinte documentación:

Categoría 2ª. Persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Solicitude de adhesión e primeira certificación:

A persoa solicitante que, por primeira vez, accede a adhesión á Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Certificado do ICTE sobre a solicitude da adhesión do establecemento ou servizo á marca Q.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións que se van realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberá reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

d) Orzamento, factura pro forma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

Solicitude de seguimento e/ou renovación de marca:

A persoa que solicite esta subvención para o seguimento e/ou renovación da marca Q de Calidade Turística para un establecemento ou servizo turístico, deberá presentar a seguinte documentación:

a) Certificado da marca Q de calidade turística do ICTE para o establecemento ou servizo en vigor.

b) Orzamento desagregado por conceptos das actuacións a realizar.

c) Orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca correspondente ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberá reflectirse no orzamento ou na factura os diferentes establecementos ou servizos que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada un deles. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá indicarse o orzamento correspondente da auditoría externa dedicado a esta marca.

 d) Orzamento, factura proforma ou factura emitida polo ICTE correspondente á cota de uso de marca anual do ano en curso. No caso de certificación da marca S de Sustentabilidade Turística, deberá diferenciarse o orzamento correspondente do uso desta marca.

e) No caso de solicitudes de axudas referidas a procesos de auditoría externa de seguimento ou renovación da marca Q correspondentes a aprazamentos de procesos de mantemento da marca do ano 2021, orzamento ou factura da empresa auditora acreditada polo ICTE, referido aos custos de auditoría externa da marca realizada ao presente ano. No caso de auditorías multi-site, deberá reflectirse no orzamento o número de oficinas (central e sucursais) que sexan obxecto dos traballos da auditoría externa, especificando o nome comercial e o enderezo de cada unha delas.

 

 Documentación acreditativa dos criterios de valoración.

As persoas ou entidades solicitantes poderán acreditar os criterios de valoración contidos nos puntos 4, 5, 6 e 7 do artigo 14 destas bases, achegando a seguinte documentación:

a) No caso de establecementos, recursos ou servizos turísticos distinguidos con Compromiso de Calidade Turística, documento acreditativo do distintivo de compromiso de calidade turística de boas prácticas en vigor concedido por un destino SICTED (Sistema de Calidade Turística Española en Destinos) na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) De ser o caso, documentos acreditativos relativos ás certificacións e/ou distintivos de calidade, calidade ambiental e/ou accesibilidade e/ou sustentabilidade e/ou safe tourism en vigor do establecemento, recursos, ben ou servizo.

 c) De ser o caso, documento asinado e selado pola persoa ou entidade solicitante no que se acredite o uso das novas tecnoloxías (TIC), indicando o enderezo URL da súa páxina web, e/ou URL das redes sociais en que participa, e/ou localización na súa web do espazo destinado a reservas e/ou compra on line de servizos a través da web e/ou APP do establecemento para sistemas operativos IOS, Android, Windows Phone, Blackberry e/ ou outros.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Categoría 1ª: os concellos e as súas entidades instrumentais que xestionen os servizos públicos de competencia local recollidas no artigo 85.2.A da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local

Categoría 2ª: as persoas físicas ou xurídicas privadas titulares de establecementos ou servizos turísticos.

Requisitos

As persoas solicitantes da categoría 2ª deberán reunir os requisitos establecidos nestas bases e ter inscrita a actividade turística para a que se solicita a axuda no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Xunta de Galicia (en diante, REAT)

No caso de empresas, deben estar comprendidas na definición de pequena e mediana empresa (peme). Defínese peme, segundo a Recomendación 2003/361/CE da Comisión, do 6 de maio, sobre a definición de microempresas, pequenas e medianas empresas (DO L 124, do 20 de maio), en función dos seus efectivos e do seu volume de negocio e do seu balance anual.

Os datos que figuran no REAT relativos ao establecemento, á súa titularidade e á representación teñen que coincidir cos indicados polo solicitante na solicitude de subvención. O solicitante pode verificar a información que consta no REAT accedendo á web (extranet sectorial de Turismo de Galicia) https://turespazo.turismo.ga

No caso de entidades baixo unha mesma franquía, so poderá solicitar a axuda para os custos de auditoría externa de certificación, seguimento e/ou renovación a entidade matriz. As axudas para os custos derivados dos dereitos de uso da marca Q deberán ser solicitados por cada unha das entidades (matriz e sucursais con distinto NIF) individualmente.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas ou entidades nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar as ditas persoas incursas nas ditas prohibicións realizarase mediante declaración responsable do interesado, empregando o modelo que figura no anexo II.

Os requisitos para ser beneficiario deberán cumprirse na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes.