• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA O FINANCIAMENTO DAS ACCIONS FORMATIVAS CON COMPROMISO DE CONTRATACION

Consellería de Emprego e Igualdade

Orde do 6 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2022-2024 e se procede á primeira convocatoria das subvencións para o financiamento das accións formativas con compromiso de contratación en unidades formativas das empresas

As subvenciones que se concedan ao abeiro do disposto nesta orde de bases reguladoras e primeira convocatoria terán como finalidade o financiamento de programas de formación con compromiso de contratación destinados á cualificación profesional das persoas traballadoras desempregadas, e estarán dirixidos á adquisición e mellora das competencias profesionais necesarias para o desempeño dos postos de traballo obxecto da contratación.

Enténdese por unidade formativa da empresa, a formación con compromiso de contratación impartida con medios propios da beneficiaria, ou a través dunha entidade contratada nos termos desta orde, que teña por obxecto a realización das accións formativas solicitadas e relacionadas coa súa actividade empresarial.

Documentación requerida

.As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude (escritura notarial de poderes ou calquera outro medio válido en dereito).

b) Acreditación da capacidade legal suficiente para asinar a solicitude no nome e representación da agrupación, no caso de agrupacións temporais de empresas.

c) Ficha das accións formativas, anexo III.

d) Copia da documentación de constitución da entidade solicitante ou dos estatutos sociais debidamente legalizados.

e) Compromiso de contratación do alumnado asinado pola persoa ou persoas representantes da empresa ou empresas vencelladas ao proxecto presentado, que deberá incluír a información detallada no artigo 5 desta orde, con indicación das ocupacións, as categorías profesionais e as localidades e centros de traballo en que se efectuarán as contratacións laborais comprometidas nas accións formativas que se van impartir.

f) Agás no caso de que a formación se desenvolva en centros xa inscritos para impartir a especialidade formativa, relación detallada de dotacións, equipamentos e medios materiais que se van utilizar no seu desenvolvemento, así como unha descrición das aulas e talleres, indicando os seus metros cadrados e xuntando planos oficiais das instalacións onde estea previsto impartir a formación.

g) Cando se soliciten especialidades formativas ou itinerarios formativos non incluídos no Catálogo de especialidades formativas a que se refire o artigo 20.3 da Lei 30/2015, do 9 de setembro, as entidades solicitantes deberán achegar a documentación que a seguir se relaciona, nos termos recollidos na Orde TMS/283/2019, do 12 de marzo, pola que se regula o Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Para estes efectos, e de acordo co disposto na disposición transitoria única da Orde TMS/283/2019, ata que o Servizo Público de Emprego Estatal habilite o sistema informático de xestión do Catálogo de especialidades formativas previsto nesa orde, e sexa posto ao dispor das comunidades autónomas, a actualización do citado catálogo e as correspondentes altas e baixas de especialidades continuaraas realizando o Servizo Público de Emprego Estatal, utilizando o procedemento establecido na Resolución do 12 de marzo de 2010, do Servizo Público de Emprego Estatal, pola que se establece o procedemento para a inclusión de novas especialidades no ficheiro de especialidades formativas: • Proposta de alta ou modificación de especialidade formativa, consonte o anexo 2 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso. • Proposta de alta de itinerario formativo, consonte o anexo 3 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso. • Proposta de reactivación de especialidade ou itinerario formativo, consonte o anexo 4 da Orde TMS/283/2019, de ser o caso. • Programa formativo elaborado pola propia entidade consonte o anexo 5 da Orde TMS/283/2019. • Informe motivado da necesidade de impartición da especialidade formativa solicitada. Este informe deberá remitirse inescusablemente en soporte informático e virá redactado en lingua galega e castelá, para o seu posterior envío ao Servizo Público de Emprego Estatal.

h) Acreditación documental de dispor dun sistema de calidade vixente e certificado por entidades acreditadas, Norma ISO 9001 ou certificado de calidade e excelencia EFQM, nos correspondentes centros de formación na data límite de presentación das solicitudes que, para as entidades de formación homologadas no Rexistro de Centros e Entidades de Formación para o Emprego, deberá ser relativa á súa actividade de formación profesional para o emprego, de ser o caso.

 i) Acreditación documental de dispor dun plan de igualdade,

j) Naquelas accións formativas en que estea previsto o uso de aula virtual como medio complementario e adicional para desenvolver o proceso formativo, memoria explicativa detallada que acredite, de acordo co disposto no artigo 27 da presente orde, a viabilidade de impartir mediante aula virtual aqueles contidos do programa formativo que estea previsto realizar utilizando este medio. A memoria deberá indicar expresamente que contidos se impartirán mediante aula virtual, a súa duración e datas de realización, así como o calendario de sesións presenciais e de exames que se vai realizar.

k) No caso de solicitudes conxuntas de agrupacións temporais de empresas deberá achegarse: • Convenio entre as partes que fan a solicitude conxunta, que incluirá os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, o período de vixencia da agrupación que, como mínimo, deberá ser o do tempo de duración da acción ou accións formativas, así como o importe de subvención que se vai aplicar para cada un deles, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. • Comprobación de datos para pluralidade de solicitantes (anexo V). • Documentación acreditativa da capacidade legal suficiente para asinar o convenio, en nome e representación da entidade, para cada unha das entidades que formen parte da agrupación. 2. A d

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser entidades beneficiarias as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, e as agrupacións temporais de empresas que presenten solicitude conxunta, mediante un convenio que acredite a correspondente agrupación.

Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións a que se refiren estas bases as empresas que sexan entidades de formación e que sexan titulares de centros ou entidades de formación inscritos para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral da Comunidade Autónoma de Galicia naquelas especialidades formativas para as cales soliciten subvención.

.Non poderán ser entidades beneficiarias destas axudas as entidades e institucións sen ánimo de lucro, as administracións públicas, as sociedades públicas, as empresas públicas nin as entidades vinculadas ou dependentes de calquera delas.

Tampouco poderán ser beneficiarias das subvencións reguladas nesta orde de bases as empresas e entidades que, nos seis meses anteriores á solicitude, reducisen o seu cadro de persoal nunha porcentaxe igual ou superior ao 15 %.

 

Requisitos

. Serán subvencionables ao abeiro do disposto nesta orde, e nos termos establecidos no artigo 28 do Real decreto 694/2017, do 3 de xullo, polo que se desenvolve a Lei 30/2015, do 9 de setembro, pola que se regula o Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral, as accións formativas para o emprego con compromiso de contratación na Comunidade Autónoma de Galicia, que garden relación coa actividade empresarial das entidades solicitantes e estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación para o emprego no ámbito laboral.

. Para estes efectos, poderán solicitarse especialidades formativas non conducentes á obtención de certificados de profesionalidade incluídas no Catálogo de especialidades formativas no marco do Sistema de formación profesional para o emprego no ámbito laboral.

Así mesmo, poderán solicitarse especialidades formativas non dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade que non estean incluídas no Catálogo de especialidades formativas. Neste caso, as entidades solicitantes deberán proceder e presentar a documentación que para tales efectos se referencia no artigo 9 desta orde.

Co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades no emprego entre mulleres e homes, en todas as convocatorias reguladas por esta orde de bases, e nos termos que nelas se determine, incluirase unha liña de formación específica dirixida a formar, cualificar e impulsar a contratación da muller naqueles sectores produtivos en que exista infrarrepresentación laboral feminina.

Cada acción formativa incluirá o compromiso de contratación, nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia, dun mínimo do 40 % do alumnado aprobado e/ou formado, atendendo á definición que de ambos os perfís se recolle no artigo 38.4.II desta orde, arredondado ao enteiro superior.

O contrato de traballo concertarase por tempo indefinido.

No suposto de contrato por tempo indefinido a tempo parcial, o mínimo da xornada será do 50 % da correspondente a unha persoa traballadora a tempo completo comparable.