SUBVENCIONS PARA O FOMENTO DA COMERCIALIZACION DA ARTESANIA GALEGA

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

Orde do 26 de abril de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva,  das subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega

. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto a concesión de subvencións para o fomento da comercialización da artesanía galega (código de procedemento IN201G).

Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29.1 da Lei 9/2007, consideraranse subvencionables os gastos e investimentos que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actuación subvencionada.

En concreto, considéranse actuacións subvencionables:

Feiras profesionais de artesanía.

Feiras non profesionais.

Feiras profesionais e non profesionais do período do Nadal 2021/22.

Feiras monográficas cuxo obxectivo sexa a venda e posta en valor de produtos dun mesmo oficio tradicional.

Feiras non monográficas de distintos oficios.

A organización de feiras de artesanía, no ámbito da Comunidade Autónoma, de distintos oficios e que conten cun mínimo dun 80 % de obradoiros artesáns inscritos na sección segunda do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia sobre o total de postos.

 

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude, anexo II, a seguinte documentación:

 

Titulares de obradoiros artesanais:

No caso de que o titular do obradoiro solicite feiras das que xa dispón de documentación (feiras Nadal 2021/22 e as demais feiras de que dispoña de documentación acreditativa) achegará, xunto coa solicitude, anexo II, a documentación xustificativa segundo o artigo 21 (facturas, xustificantes dos pagamentos, certificación expresa de participación no certame e documentación gráfica que acredite o cumprimento da utilización de logos e sinaléticas consonte ao artigo 19).

A Dirección Xeral de Comercio e Consumo poderá solicitar certificación da Fundación Pública Artesanía de Galicia que acredite o indubidable interese comercial para o sector artesanal.

 

Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns:

a) Acta, escritura ou documento de constitución, estatutos e, se for o caso, modificación deles, debidamente legalizados. A referida documentación deberá acreditar que o seu obxecto social abrangue a actividade para a cal se solicita a subvención. b) Se for o caso, documentación acreditativa da exención do imposto sobre o valor engadido (IVE).

 c) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da asociación profesional e empresarial de artesás/áns que acredite a relación de persoas asociadas que a integran, con indicación do seu NIF/NIE correspondente.

 

Concellos:

a) Xustificante de que se encontra ao día na rendición de contas xerais diante do Consello de Contas de Galicia, de acordo co previsto no artigo 4.1 do Decreto 193/2011, polo que se regulan as especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. b) Declaración do concello de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal de Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda (anexo II, solicitude).

 

Documentación común para as/os solicitantes, segundo o caso:

a) Para titulares de obradoiros e asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns:

– Documento acreditativo de poder bastante para actuar ante a Administración da persoa representante legal da entidade solicitante ou tamén poderá achegar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de representación para procedementos ante a Xunta de Galicia que figura na sede electrónica.

b) Para concellos e asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns: – Anexo V (Información e memoria das características do evento feiral).

c) Para todos os solicitantes:

Facturas ou, na súa falta, facturas pro forma ou orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades ou adquisicións para as cales se solicita subvención. Non terán a consideración de orzamentos as estimacións de gastos realizadas pola persoa solicitante e que carezan do soporte da oferta do provedor ou tarifa oficial do gasto nin se admitirán aqueles orzamentos que non presenten a suficiente desagregación para determinar o carácter subvencionable dos conceptos relacionados nel

No caso de agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, deberán constar expresamente (anexo IV Declaración-compromiso para os efectos do sinalado no artigo 8.3 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, para o procedemento IN201G-subvencións para fomento da comercialización da artesanía galega) os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e o importe de subvención que se aplicará por cada un, que terán igualmente a consideración de persoas beneficiarias. Deberá nomearse unha persoa representante única da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que corresponden á agrupación. Non se poderá disolver ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei de subvencións de Galicia.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Persoas físicas ou xurídicas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado sen personalidade xurídica, legalmente constituídas, así como Asociacións profesionais e empresariais de Artesáns de Galicia, e Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia

 

Requisitos
  1. Titulares de obradoiros artesanais, xa sexan persoas físicas ou xurídicas e comunidades de bens, inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia. No caso de novos obradoiros, poderán solicitar a inscrición no dito rexistro ata o último día de prazo establecido para a presentación da solicitude de subvención.
  2. Asociacións profesionais e empresariais de artesás/áns de Galicia legalmente constituídas das cales cando menos o 90 % dos seus membros, cun mínimo de 10, figuren inscritos na sección segunda (obradoiros artesáns) do Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
  3. Concellos da Comunidade Autónoma de Galicia. Os concellos deberán cumprir co deber de remisión das contas xerais de cada exercicio ao Consello de Contas, nos termos previstos no artigo 4 do Decreto 139/2011, do 6 de outubro, polo que se regulan especialidades nas subvencións ás entidades locais galegas. Primaranse aqueles concellos que coordinen as súas solicitudes e compartan ou mancomunen obras ou servizos, dando cumprimento así ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013, polo que se aproban os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.