PROGRAMA CONSOLIDA BIO
Axencia Galega de Innovación
Resolución do 4 de maio de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación
Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas do programa Consolida Bio para o apoio á consolidación do sector biotecnolóxico a través de plans de investimento e innovación, financiados no marco do eixe REACT-UE do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) de Galicia 2014-2020 como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022.
Así mesmo, por medio desta resolución, convócanse as ditas axudas para o ano 2022 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva; as axudas concedidas no marco da presente resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación complementaria.
Documentación económico-administrativa:
- Declaración responsable relativa á condición de peme (anexo III).
- Copia da escritura de constitución da entidade e as súas modificacións posteriores.
- Poder de representación bastanteado, de ser o caso.
- Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal.
- Contrato/s subscrito/s de subcontratación debidamente asinado/s, no caso en que sexa necesario.
Documentación técnica (anexo II: guía para a realización da memoria e do orzamento do plan).
- Memoria técnica do plan de consolidación proposto.
- Orzamento detallado do plan de consolidación.
Poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas micro, pequenas e medianas (pemes), segundo as definicións contidas no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014
Deberán cumprir ter domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales se solicita a axuda. En caso de non ter este centro de traballo no momento de presentar a súa solicitude, deberán achegar unha declaración da entidade solicitante que acredite o seu compromiso de establecerse en Galicia nun prazo máximo dun mes desde a resolución.
Estaren constituídas, como máximo, nos 8 anos anteriores á data de peche do prazo de presentación de solicitudes de axuda á presente convocatoria, para o cal se terá en conta a data de outorgamento da escritura de constitución da empresa.
Contaren con ingresos por facturación nos dous últimos anos.
Terán produtos innovadores con posibilidades de levar ao mercado a curto prazo, para o cal terán que presentar produtos/servizos innovadores nun nivel mínimo de TRL 5-8.
Contaren cun número total de empregados ou socios traballadores non inferior a 3.
Teren as contas anuais correspondentes aos dous últimos exercicios pechadas, depositadas no Rexistro Mercantil ou rexistro oficial correspondente. No caso de empresas de nova creación, a previsión do balance e a conta de resultados do primeiro ano de funcionamento.
Deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme o disposto no artigo 23.4 da presente resolución.
Achegarán ao plan de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % do seu importe, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo. Para estes efectos, a Gain poderá exixir nas resolucións de concesión un determinado nivel de fondos propios que deberá acreditar o beneficiario.