• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

SUBVENCIONS PARA A COMERCIALIZACION E DIFUSION DE PROXECTOS E OBRAS AUDIOVISUAIS E VIDEOXOGOS

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 2022 pola que se aproban as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a comercialización e difusión de proxectos e obras audiovisuais e videoxogos en foros de negocio especializados e eventos de cine, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404D).

Estas bases, no desenvolvemento das funcións e obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto determinar as condicións de concesión, en réxime de concorrencia non competitiva para a comercialización e difusión de contidos audiovisuais e de videoxogos galegos en foros de negocio especializados e eventos de cine que se celebran fóra de Galicia e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento CT404D).

Entenderase por foros de negocio especializados aqueles eventos profesionais de carácter internacional que teñan por obxecto o financiamento de proxectos e a comercialización de obras audiovisuais e videoxogos incluídos na cláusula cuarta, punto 1, e cuxas datas de celebración sexan as comprendidas entre os días 16 de novembro de 2022 ata o 15 de novembro de 2023.

Entenderanse por eventos de cine aqueles certames de premios e festivais dirixidos á promoción e a difusión do audiovisual nacionais e internacionais que se celebran fóra de Galicia incluídos na cláusula quinta, punto 2, e cuxas datas sexan as comprendidas entre o 16 de novembro de 2022 ata o 15 de novembro de 2023.

Documentación requerida

DOCUMENTACION

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II), a seguinte documentación:

-Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade, se a persoa solicitante é persoa xurídica.

-Estatutos rexistrados e escrituras de constitución validamente inscritas no Rexistro Mercantil ou o que corresponda.

-Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.

Ademais, as solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación complementaria:

Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados:

-Documentación que acredite suficientemente ter realizado o rexistro oficial no foro ou mercado.

-Documentación que acredite suficientemente a relación laboral da persoa asistente ao foro ou mercado coa entidade que solicita a axuda. 

-Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Consistirá nun orzamento desagregado por evento de gastos e ingresos derivados da asistencia ao foro de negocio para os que se solicita a axuda

Modalidade B. Participación en eventos de cine:

-Copia da comunicación da selección por parte da organización do certame de premios, festival ou mostra emitida pola organización en que conste a sección ou a categoría.

-Orzamento de gastos e ingresos (anexo III). Será o correspondente á presenza da produción no festival ou mostra.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

BENEFICIARIOS

INTERESADOS

Modalidade A. Asistencia a foros de negocio especializados.

As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora audiovisual ou de videoxogos, e/ou distribuidora audiovisual, que desenvolvan a súa actividade baixo as epígrafes 961.1, 962.1, 582.1, 620.1 ou 620.9 do IAE, participen nalgún dos foros de negocio especializados que se relacionan na base seguinte e poidan acreditar ter realizado o rexistro oficial nel.

Modalidade B. Participación en eventos de cine.

-As persoas físicas (autónomas) e xurídicas privadas que estean constituídas como empresa produtora baixo a epígrafe 961.1 do IAE e poidan acreditar un mínimo dun 20 % de propiedade da obra e participen nalgún dos eventos de cine que se relacionan na base seguinte.

-As persoas físicas que figuren como director ou directora da obra, cando o obxecto da subvención sexa a participación do filme nalgún evento de cine dos indicados na base seguinte sempre que se poida acreditar a selección oficial nel.

Requisitos

REQUISITOS

Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades que non cumpran os requisitos referidos no artigo 10.1 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, ou nas que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da mencionada lei. En todo caso, os solicitantes presentarán unha declaración responsable de non estaren incursos en tales circunstancias, consonte o modelo establecido no anexo I desta convocatoria.