• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

AXUDAS PARA A MELLORA DA CAPACIDADE DE INNOVACION DAS EMPRESAS EN GALICIA

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN848F)

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión das axudas da Axencia Galega de Innovación dirixidas ás microempresas, pequenas e medianas empresas galegas (pemes) destinadas ao financiamento de bonos de innovación, código de procedemento IN848F.

Nesas axudas diferéncianse tres tipos de bonos de que se agrupan nas seguintes liñas:

Liña 1. Bonos para servizos de apoio á innovación, para o financiamento das actividades destinadas á protección da innovación, xestión da innovación e vixilancia tecnolóxica, así como accións estratéxicas para desenvolver novos produtos, procesos e servizos.

Liña 2. Bonos para xestión do financiamento da innovación, para a subvención dos custos de actividades de xestión, contratadas cos axentes da innovación, encamiñadas a:

Tipo A. Tramitación de incentivos fiscais á I+D+i e bonificacións na Seguridade Social de persoal investigador.

Tipo B. Tramitación de novas solicitudes de financiamento a propostas de I+D+i en convocatorias de axudas estatais, europeas ou internacionais.

Documentación requerida

As entidades solicitantes deberán achegar, xunto co formulario de solicitude, a seguinte documentación:

a) Nota simple ou certificación do Rexistro Mercantil actualizadas, en que se especifique a data de constitución, o obxecto social, capital, sede social e clasificación CNAE.

b) No caso de que o asinante da solicitude non actúe como administrador único para a representación da entidade, deberá achegar documento acreditativo do poder de representación con validez xurídica (escrituras, poder verificado na súa suficiencia, entre outros).

c) Declaración completa do imposto de sociedades do último exercicio pechado, modelo 200 da Axencia Tributaria Estatal. No caso de non ter antigüidade suficiente para ter obriga de presentar o modelo 200, achegarase declaración responsable conforme non se pechou o exercicio fiscal e obriga de presentar o imposto de sociedades.

d) No caso de non ter traballadores dados de alta no réxime xeral da Seguridade Social, achegarase documento acreditativo emitido pola Seguridade Social e declaración responsable do representante legal da entidade de non ter traballadores.

e) Anexo V, declaración da condición de peme. No caso de pemes vinculadas, asociadas ou participadas de acordo cos criterios establecidos no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño, de 2014, deberanse achegar os anexos V-A, V-B, V-A.1 ou V-B.1, segundo corresponda. Tamén, como documentación complementaria, se deberá achegar, para cada unha das empresas vinculadas ou asociadas, a documentación das letras a), b), d) e f) deste artigo.

f) Deberase presentar a documentación acreditativa de aqueles criterios de avaliación que se detallan no artigo 18 desta convocatoria que sexan de aplicación. Estes documentos acreditativos non serán emendables, polo tanto, a non presentación dos ditos documentos na presentación da solicitude implicará a non puntuación nos ditos criterios. Os criterios e documentos son os seguintes: i. Plan de igualdade: será preciso presentar o rexistro do plan de igualdade ou certificado da oficina de rexistro conforme se cumpre a súa inscrición. ii. Compromiso coa sustentabilidade ambiental: será preciso a presentación de certificación en vigor de xestión ambiental (ISO 14001, Emas ...), de xestión enerxética (ISO 50001, outras), certificacións MSC, FSC, SAN, Fairtrade ... ou documento acreditativo de entidade recoñecida nestes ámbitos. Non serán válidos rexistros electrónicos nin correos electrónicos, ou outro documento non verificable. iii. Responsabilidade social empresarial: será preciso a presentación de certificación en vigor da norma OSHAS 18001 ou ISO45001, SA8000, ISO26000, ...

g) Para as empresas que soliciten axudas por importe superior a 30.000 €, declaración responsable do cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.

 

Ademais, deberase achegar, segundo o tipo de bonos:

a) Liña 1:

i. Memoria descritiva da empresa, segundo as especificacións do anexo II.

ii. Memoria descritiva das actuacións que se van levar a cabo, segundo o anexo III.

 

b) Liña 2:

i. Memoria descritiva da empresa, segundo as especificacións do anexo II.

ii. Cadro resumo das actuacións que se van levar a cabo na liña 2A, segundo o anexo IV.

 iii. Cadro resumo das accións que se van levar a cabo na liña 2B, segundo o anexo IV.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias desta axuda as microempresas, pequenas e medianas empresas, así como as entidades do terceiro sector de acción social, conforme as definicións contidas no artigo 2, validamente constituídas no momento da presentación da solicitude, con domicilio social ou un centro de traballo en Galicia, onde deberán desenvolver as actividades para as cales solicitan a axuda.

Requisitos

Os beneficiarios das axudas deberán contar con capacidade administrativa, financeira e operativa suficiente para a execución da axuda que se lles conceda, cuxas condicións se determinarán no documento que establece as condicións da axuda (DECA), conforme ao disposto no artigo 20 desta convocatoria.