• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

PROCESAMENTO, MOBILIZACION E COMERCIALIZACION DOS PRODUTOS

FORESTAIS

Axencia Galega da Industria Forestal

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento IN500A).

Esta resolución ten por obxecto establecer as bases que regulan as axudas aos investimentos en tecnoloxías forestais, procesamento, mobilización e comercialización de produtos forestais (código de procedemento IN500A) e realizar a súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva.

Poderán ser subvencionables exclusivamente os seguintes investimentos elixibles:

Liña 1. Xestión forestal activa.

Liña 2. Madeira e biomasa.

Liña 3. Castaña e resina.

Liña 4. Valor engadido na primeira transformación da madeira.

Liña 5. Plans e ferramentas de xestión empresarial.

Documentación requerida

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:

a) Anexo IV: memoria dos investimentos que se van realizar e das características da empresa para as cales solicita baremación. Neste sentido só serán consideradas aquelas características debidamente consignadas no anexo.

b) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución. c) Anexo V: relación de maquinaria e instalacións con todos os datos cubertos. En todo caso, deberá recollerse toda aquela maquinaria e instalacións propiedade da empresa que teñen a mesma finalidade que as solicitadas, así como as exixidas para resolver a elixibilidade de determinados investimentos dos recollidos no artigo 3.

d) Anexo XII: comprobación de datos de terceiras persoas.

e) Documentación xustificativa de acreditación da representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.

f) Documentación acreditativa dos requisitos previos.

g) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación.

h) Documentación acreditativa das características da empresa obxecto de baremación.

Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición
Dirixido

Poderán ser beneficiarias as microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) do sector forestal radicadas en Galicia en relación cos investimentos realizados en zonas rurais, de acordo cos criterios de localización establecidos no ámbito territorial do PDR 2014-2020 e descritos no anexo XV. Tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan a menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.

Requisitos

Os solicitantes da axuda para acadar a condición de beneficiarios deberán cumprir os seguintes requisitos:

a)Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:

1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.

2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.

3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado na data de publicación da convocatoria –modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda–.

b) Deberán ter un seguro en vigor de responsabilidade civil para a actividade obxecto de axuda e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.

c) Deberán estar inscritos no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Foresta