• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Curso de negociación: "Solucións negociadas a conflitos e dilemas"

A competencia é un concepto incompleto. A súa integración complementaria, a coopetición, require de altas doses de negociación para conseguir, a través da mediación e da resolución de conflitos, contornas máis propicias para o desenvolvemento persoal e corporativo.

Con este módulo formativo pretendemos dar a coñecer, practicar e profundar en técnicas efectivas de negociación e resolución de conflitos. O fin último, como cabe esperar, é conseguir contornas coopetitivas "win to win" que, a partir de procedementos intelixentes, propicien unha maior ganancia recíproca para todos os axentes afectos nun proceso.

O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é unha poxa simulada de obras de arte na que, ademais de familiarizar aos asistentes coas técnicas da poxa, trataremos de profundar na natureza das obras e dos procesos de negociación que levaron á súa execución ou que se esconden tras o seu trazo. Toda unha aventura na que o eixe disvcursivo son as técnicas de negociación.

Grupos, datas e horarios

  • Grupo 1: días 9,10,11 de abril de 10:00 a 14:00. A inscrición neste grupo pecharase o martes día 3 de abril ás 14.00h.  
  • Grupo 2: días 12 e 13 de abril de 16:00 a 20:00 e 14 de abril de 10:00 a 14:00.  A inscrición neste grupo pecharase o martes día 10 de abril ás 14.00h.  
  • Grupo 3: días 16, 17 e 18 de abril de 10:00 a 14:00.  A inscrición neste grupo pecharase o mércores día 11 de abril ás 14.00h.  


Programa (12 horas, 12 epígrafes)

  1. O coñecemento e a probabilidade. Negociar é coñecer.
  2. Do xeo ao compromiso.
  3. As cinco regras de ouro da negociación.
  4. Habilidades estratéxicas para negociar
  5. En busca do ben común. A táctica "win to win"
  6. O intercambio de variables.
  7. Controlando as concesións.
  8. Análise de presións.
  9. As sete claves da negociación.
  10. Priorizando intereses.
  11. Equidade e acordo.
  12. Casos de negociación desigual.


Metodoloxía horaria

00.00-00.30 Docencia teórica

  • 00-05 Enunciado básico do concepto
  • 05-15 Exposición teórica de contidos
  • 15-25 Exposición práctica dun exemplo ilustrativo
  • 25-30 Exposición audiovisual relacionada

00.30-00.55 Interacción práctica

  • 30-35 Planeamento dun caso práctico
  • 35-48 Tempo de traballo para a súa resoluci´n
  • 48-55 Exposición simbólica de resultados

00.55-01.00 Resultados.Extracción de resultados e resumo

Documentación requerida
  • Para persoas en activo: Copia da última nómina ou recibo de autónomos
  • Para persoas emprendedoras: Rexistro completo rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras de outra entidade.
  • Para estudantado: acreditación de estar matriculado no curso 2011/2012 ou de ter obtido o título nos anos 2011 ou 2010.