NON
Do 28 de novembro ao 13 de decembro
Os obxectivos do curso son:
- Coñecer os tipos de residuos, alternativas de xestión e as peculiaridades deGalicia polo seu territorio e densidade de poboación.
- Valorar os plans estratéxicos en materia de residuos a nivel estatal e autonómico.
- Saber a onde dirixirse para a consulta de información e documentación de interese.
- Mellorar o coñercemento sobre as distintas técnicas de valorización de residuos.
DATOS DO CURSO
- Datas: Do 28 de novembro ao 13 de decembro.
- Clases Presenciais: 28 e 29 de novembro, e 13 de decembro.
- Horario das clases presenciais:
28 e 29 de novembro de 19.00 a 22.00 horas
13 de decembro: VISITA de 16.00 a 18.00 e CLASE de 19.00 a 21.00 horas - Nº Horas: 50 horas (10 presenciais e 40 a distancia)
- Modalidade: Semipresencial a distancia
- Lugar impartición das clases presenciais: Asociación Área Empresarial do Tambre
Documentación requerida
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2012/2013 ou de ter obtido o título nos anos 2012 ou 2011.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Dirixido
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre.
Requisitos
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.