CURSO DE RENOVACIÓN DE LEXIONELLA.
Este curso de Renovación de Mantemento Hixiénico-Sanitario para a prevención de control da lexionelose esta dirixido a persoal de empresas que realicen traballos de mantemento e limpeza de instalación de risco (en balnearios, torres de refrixeración, aire acondicionado, ximnasios...)
Traballadores que fixeran o curso de Mantemento Hixiénico-sanitario para a Prevención e Control da Lexionelose hai máis de 4 anos, xa que é obrigatorio actualizar esta formación.
O obxectivo xeral do curso é dotar ao alumnado dos coñecementos, habilidades e competencias que o mundo da empresa e a administración pública esixen para o control e prevención da lexionelose:
- Certificar o cumprimeto legal da formación recibida polos traballadores/as que realizan operacións de mantemento en instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.
- Informar sobre os novos cambios normativos novas tecnoloxías na realización de mantementos en instalacións susceptibles de propagar a lexionelose.
- reforar os coñecementos básicos sobre as prácticas de limpeza e desinfección e comunicar novidades ao respecto.
- Afondar na normativa vixente aplicable para as actuación necesarias en intalacións con maior e menos probabilidade de proliferación e dispersión de lexionela
- facilitar ferramentas para a mellora continua mediante guías e normas UNE de aplicación e instalacións susceptibles de propagar a lexionelose
- Afondar na metodoloxía dos Puntos de Control Críticos aplicado ás Instalacións con riscos de propagar a lexionelose.
DATOS DO CURSO
- Datas:13 e 14 decembro
- Horario: 13 de decembro de 16.00 a 21:00 horas, 14 de decembro de 09:00 a 14:00horas.
- Nº Horas: 10 horas
- Modalidade: presencial
- Lugar de impartición: Sede da Asociación de Empresarios do Polígono Industrial do Tambre na Vía Edison, 1 no Polígono Industrial do Tambre - Santiago de Compostela
PROGRAMA
Módulo 1. ACTUALIZACIÓN NORMATIVA DA LEXISLACIÓN NACIONAL E AUTONÓMICA EN RELACIÓN COA LEXIONELOSE, PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS E AMBIENTAIS. (1 hora)
- Normativas autonómicas.
- Código técnico da Edificación.
- Norma UNE 100030:2005 Prevención da Lexionella en instalacións de edificios.
- Regulamento de instalacións térmicas en edificios (RITE).
- Desenvolvemento da Directiva de biocidas.
- Auga de consumo humano.
Módulo 2. BOAS PRÁCTICAS DE LIMPEZA E DESINFECCIÓN. (2 horas)
- Novidades no deseño e mantemento das instalacións.
- Sistemas físicos e físicos-químicos.
- Rexistro de actuacións.
Módulo 3. METODOLOXÍA DE CONTROL DE PUNTOS CRÍTICOS EN INSTALACIÓNS DE RISCO DE LEXIONELSE. AVALIACIÓN DO RISCO. (2 horas)
Módulo 4. ACTUALIZACIÓN DO MANTEMENTO HIXIÉNICO-SANITARIO DE INSTALACIÓNS CON MAIOR ROBABILIDADE DE PROLIFERACIÓN E DISPERSIÓN DE LEXIONELLA. (3 horas)
- Estrutura.
- Prevención e control.
- Guías técnicas.
Módulo 5. ACTUALIZACIÓN DO MANTEMENTO HIXIÉNICO-SANITARIO DE INSTALACIÓNS CON MENOR PROBABILIDADE DE PROLIFERACIÓN E DISPERSIÓN DE LEXIONELLA. ESTRUTURA, PREVENCIÓN E CONTROL. GUÍAS TÉCNICAS. (2 horas)
Ao inicio do curso requirirase a seguinte documentación:
- Para empresariado e persoas en activo: copia da última nómina ou recibo de autónomos.
- Para persoas emprendedoras: rexistro completo no Servizo de Apoio á Empresa do Concello de Santiago de Compostela ou informe de ser usuario/a dos servizos de apoio a persoas emprendedoras doutra entidade.
- Para estudantes: acreditación de estar matriculado no curso 2013/2014 ou de ter obtido o título nos anos 2013 ou 2012.
- Para desempregados: tarxeta de demanda de emprego
- Para socios da Asociación Area Empresarial do Tambre: acreditación de socio ou de estar traballando nunha empresa asociada.
Empresariado, traballadores/as en activo e emprendedores do tecido empresarial de Santiago de Compostela. Terán preferencia o empresariado e persoas traballadoras en empresas asociadas a Asociación Área Empresarial do Tambre
Inscrición en formulario web. O prazo de inscrición remata o día 5 de decembro de 2013 ás 14:00h
Estar en posesión do Título de Operacións de mantemento hixíenico sanitario de instalacións de risco (25h) homologado pola Xunta de Galicia.
A inscrición suporá a aceptación das bases polo interesado/a. A selección será por orde rigoroso dentro dos colectivos preferentes, e logo se hai inscritos desempregados e sobran prazas tamén por orde de inscrición.