• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Préstamos pemes Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020

Estes préstamos teñen como obxectivo principal apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0.

Poderán ser beneficiarias dos préstamos regulados nestas bases aquelas pequenas ou medianas empresas ou microempresas, conforme a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do Regulamento (UE) núm. 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño) da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado UE, que cumpran os seguintes requisitos:
  1. Realizar unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. Cumprir as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de produto financeiro, conforme os requisitos que se detallan no anexo 1.
  3. Achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.
Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no anexo 1 poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior número 1.
Consideraranse conceptos financiables os seguintes:
  • Activos fixos materiais: adquisición dos activos fixos materiais necesarios para acometer o proxecto, tales como terreos, obra civil, adquisición de inmobles, bens de equipamento, mobiliario.
  • Activos intanxibles: aplicacións informáticas e adquisición de propiedade intelectual e industrial, incluíndo licenzas de fabricación e patentes, gastos de I+D+i e outros activos intanxibles ligados a proxectos de innovación tecnológica.
  • Gastos de desenvolvemento e innovación.
  • Capital de explotación.
ANEXO 1 Modalidades de préstamos do Instrumento financeiro préstamos pemes Galicia Feder 2014-2020:
  • Préstamos IFI Emprende.- Apoiar financeiramente pemes promovidas por emprendedores mediante préstamos a tipos de xuro reducidos para que acometan os investimentos necesarios para a posta en marcha do negocio en Galicia. O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 200.000 €. En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.
  • Préstamos IFI Industria 4.0.- Apoiar financeiramente pemes que desenvolvan a súa actividade no ámbito da nova industria (conforme o concepto definido na Axenda de competitividade de Galicia) e pretendan financiar investimentos en activos fixos e o capital circulante estrutural vinculados a un proxecto de investimento, priorizando tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0. O importe mínimo do préstamo será de 65.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 65 % do custo do proxecto financiable.
  • Préstamos IFI Relanzamento.- Apoiar financeiramente empresas que tras ou durante un proceso de refinanciamento ou reestruturación que lles dificulta o acceso ao financiamento bancario necesiten investimentos en activos fixos e en capital circulante estrutural vinculado ao investimento, para mellorar a súa rendibilidade e recuperar mercado. O importe mínimo do préstamo será de 60.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 60 % do custo do proxecto financiable.
  • Préstamos IFI Innova.- Apoiar financeiramente proxectos innovadores de pemes financiando activos tangibles. O importe mínimo dos préstamos que se concedan será de 50.000 € e o máximo de 500.000 €, correspondendo a un 70 % do importe total do custo do proxecto financiable e intanxibles e gastos de desenvolvemento e innovación.
Data inicio do prazo de inscrición
Data fin do prazo de Inscrición