• SANTIAGO DE COMPOSTELA CAPITAL ESPAÑOLA DA ECONOMÍA SOCIAL
  • UNINOVA
  • BIO POLO SIONLLA
  • AXENDA URBANA 2030 SANTIAGO DE COMPOSTELA

Comeza o curso na Academia Maker e na Rede TIC 2

Despois da gran acollida que tivo a presentación de ambos proxectos durante o mes de xullo, en setembro botan a andar en oito centros socioculturais da cidade a Academia Maker e a Rede TIC 2. Pero antes de comezar, voltará o laboratorio de fabricación dixital móbil ás rúas de Compostela para explicar de primeira man os dous proxectos e pechar as inscricións. Será a semana que vén, do 4 ao 8 de setembro.

O 7º Encontro Emprendedor centrarase nas alternativas comunitarias de vivenda na vellez

Esta nova cita centrarase na vivenda, unha temática central na vida das persoas que é necesario repensar. Dada a amplitude e o interese social que xera este tema, esta sesión contará coa participación de Nieves Rodríguez, da asociación Larlilás, organización autoxestionada que ten o obxectivo de materializar un proxecto de vivenda comunitaria na vellez, e de Iago Lestegás, concelleiro de Urbanismo e experto en vivenda e en calidade de vida nas ciudades tendo en conta o impacto do turismo.

A Xunta de Goberno aproba o inicio do expediente para a contratación das obras de reforma da Praza de Abastos

As obras de reforma da Praza de Abastos, "moi necesarias e solicitadas dende hai tempo", como indicou a rexedora, actuarán fundamentalmente sobre as marquesiñas, os estores, as portas corredeiras, o cuarto de baño adaptado e a instalación eléctrica da torre central. Contan cun orzamento base de licitación de 518.710,53 € (base impoñible de 428.689,39 € máis IVE do 21% de 90.024,14 €) e adxudicaranse seguindo o procedemento aberto simplificado, de acordo co artigo 159 da LCSP.

AXUDAS PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIONS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva a empresas, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para

AXUDAS PARA O APOIO AOS INVESTIMENTOS NAS EXPLOTACIONS AGRARIAS ESPECIALIZADAS EN PRODUCION VEXETAL

O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas especializadas en produción vexetal (procedemento MR419A), no marco do PDR de Galicia 2014-2020 dentro da medida 4, Investimentos en activos físicos; submedida 4.1, Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, que contribúe directamente ás areas focais 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa reestruturación e modernización, en particular con obxecto de in

O Concello presenta un Código de Boas Prácticas para potenciar un turismo consciente en Compostela

A concelleira de Turismo, Miriam Louzao, presentou ao tecido asociativo veciñal, así como a axentes dos sectores turístico e comercial e a representantes institucionais a campaña de comunicación e o Código de Boas Prácticas dirixido ás persoas que visitan Compostela. "O obxectivo básico é concienciar sobre o carácter patrimonial da nosa cidade e sobre a importancia de coidala, respectando tanto os espazos e edificios públicos como a propia vida cotiá e o descanso da veciñanza", explicou a concelleira.